A familia Dubra, de Culleredo, cóbrese de ouro no Campionato galego de karate

A Jesús Ángel Dubra, a súa filla Iris Dubra Dorado e o seu afillado Ángel Barrio Dubra úneos, ademais dos vínculos familiares, a mesma paixón: o karate. Veciños de Culleredo, practican o seu deporte favorito na Escola de Karate L.N. de As Brañas e esta tempada 2023/24 foi moi especial para eles, xa que os tres proclamáronse vencedores do Campionato galego de Karate nas súas respectivas categorías.

Jesús Ángel é o campión galego de kata en categoría de veteranos entre 46 e 56 anos; Iris vención en kumite feminino de menos de 36 quilos; e Ángel impúxose en kumite masculino de menos de 35 quilos na competición organizada pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas.

Tanto Ángel como Iris (por terceira vez consecutiva) formarán parte da selección galega de Karate e D.A. que representarán a Galicia no Campionato de España infantil, que se celebrará en Guadalaxara os días 27 e 28 de abril. Súmanse así á tamén cullerdense Daniela García Rey, membro do Kárate-Do Carballo e campioa galega xuvenil na categoría de máis de 52 quilos.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, subliña “o
esforzo e a disciplina desta familia de campións, que levan orgullosos o nome de Culleredo en todas as competicións nas que participan”. Ademais, desexoulles “toda a sorte do mundo para o Campionato de España de Guadalaxara”.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina