O Concello de Culleredo apraza as Rutas Barítimas 2022 para acadar un maior número de participantes

O Concello de Culleredo decidiu aprazar as Rutas Barítimas 2022 para buscar un maior número de participantes na iniciativa, que se ía a celebrar do 10 ao 23 de outubro con votacións a través de móbil e premios por valor de 2.500 euros.

Os técnicos municipais fixeron unha sondaxe entre máis de 90 establecementos, e o sentimento común era o de “realizalas no primeiro trimestre de 2023, incluso facéndoas coincidir con algunha festividade como o Entroido”.

Nesta edición, ademais da participación de dous cociñeiros de prestixio, a principal novidade era a votación a través do móbil. Para poder optar aos premios, a clientela tiña que crear unha recensión positiva en ‘Google Maps’ coas mesmas etiquetas mencionadas anteriormente, subindo tamén unha foto da tapa ou do establecemento.

Os premios para os locais de hostalería ían ser: 800 euros para o primeiro premio; 500 euros para o segundo premio e 200 euros para o terceiro premio. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina