Culleredo apúntase á Revolución da edificación verde con 5 módulos de formación

Outra maneira de construír é posible e a revolución da edificación verde está en marcha. Pronto, os cambios lexislativos obrigarán ás empresas constructoras a adaptarse a unha nova forma de construír máis respectuosa co medioambiente e coa saúde das persoas. Baixo esta premisa, o Concello de Culleredo inaugura o próximo mes de febreiro o proxecto formativo Construíndo Economía Circular. Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e na que colabora tamén o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña. O obxectivo é formar profesionais adaptados á nova lexislación en materia de construción, capaces de ter unha visión economica e medioambientalemente sustentable dos proxectos e das obras e tamén capaces de executalas, ben dende oficios técnicos, ben como operarios de obra.

Son en total 5 cursos consecutivos que se levarán a cabo no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso de O Burgo e que contan tamén con edicións on-line:

? Construcción adaptada á  economía circular (50 h). Comeza o 3 de febreiro.
? Bioconstrución e proxectos  habitacionais sustentabeis (100 h). Comeza o 17 de febreiro.
? Deseño e xestión de proxectos de Economía circular (50 h). Comeza o 23 de marzo.
? Enerxías Renovabeis aplicadas á construción (100 h). Comeza o 3 de abril.
? Sistemas de climatización en bioconstrución (100 h). Con data por pechar.


A formación é gratuíta es está dirixida a persoas desempregadas. Contempla contidos tales como: a edificación verde, a bioconstrución, a xestión dos refugallos, os novos materiais construtivos, novas formas de habitar, aillamentos naturais, casas pasivas….

O proxecto ten como obxectivo último a empregabilidade, polo que desenvolverá unha serie de accións complementarias dirixidas a concienciar ás empresas e ás Administracións públicas da necesidade de adaptarse a unha nova forma de entender a edificación, en coherencia coa estratexia galega de Economía Circular.

Un mínimo do 50% das prazas están reservadas a mulleres coa idea de contribuir a acadar unha maior paridade no sector. O prazo de inscrición está aínda aberto. Toda a información así como o formulario de inscrición atópanse na web: construyendoeconomiacircular.info ou chamando ao teléfono 981 11 55 37.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina