Burgojazz 2019

O Burgojazz celebrarase do 5 ao 8 de xullo no Xardín Botánico da ría do Burgo.


O 5 de xullo estarán no Burgojazz Fiato Cuidadoso, unha formación que basea o seu repertorio no folclore tradicional do leste de Europa e na música klezmer tradicional nas festas e celebra-cións xudías. Fiato Cuidadoso está formada por Vadzim Yukhnevich (voz e baián), Pablo Sanmamed (baixo) e Chuz Pazos (batería). Será o primeiro dos grupos da dobre sesión do Venres de jazz ás 20:30 horas.


Alfredo García vén presentar ao Burgojazz o seu disco Blue Line, que tivo unha gran acollida entre o público e a crítica. O quinteto, arraigado no jazz, aproveita tamén o mellor de estilos como o funk, o rock ou a world music. Acompañarán a Alfredo García (guitarra eléctrica) os músicos José García (saxo), Iago Mouriño (piano), Bruno Uceiro (batería) e Pablo Pérez (con-trabaixo). Actuarán o 5 de xullo ás 21:50 horas no Venres de jazz.


O Burgojazz contará o 6 de xullo coas Hey, Cats!, proxecto creado para visibilizar o papel da muller na arte cun repertorio integramente composto por mulleres que loitaron e loitan polo seu lugar no mundo. O trío está formado por Catarina Rodrigues (piano), Yudit Almeida (contra-baixo) e Deva Sanmartín (voz). Escóitaas o Sábado de jazz ás 20:30 horas no Xardín Botánico.
Valentín Caamaño volve ao #Burgojazz, desta volta co seu terceiro disco, The Blind Westler. Está case na súa totalidade composto por temas orixinais aos que Caamaño incorpora a súa propia voz. Estará acompañado dos músicos LAR Legido, Alfonso Calvo e Xosé Miguélez. Completará a dobre sesión do Sábado de jazz o 6 de xullo a partir das 21:50 horas.


O Domingo de jazz contará con Abe Rábade. Apenas necesita presentación posto que é un músico cunha ampla traxectoria e un gran recoñecemento internacional. Actuará no Burgojazz nun formato piano solo e sen dúbida creará un ambiente moi especial no Xardín Botánico o 7 de xullo a partir das 20:30 horas.


A fusión entre o latin jazz, os ritmos afrocubanos e o flamenco chegará ao #Burgojazz o 7 de xullo da man de Moisés Fernández Quinteto. Ofrecerán un espectáculo fresco, dinámico e único que abraiará ao público no Domingo de jazz. O quinteto estará formado, ademais de polo propio Moisés Fernández (caixón flamenco), por LAR Legido (batería), Alejandro Vargas (piano), Pablo Castaño (saxo) e José Manuel Díaz (contrabaixo). Desde as 21:50 horas no Xardín Botánico da ría do Burgo.

Pechará o Burgojazz 2019 no 'luns de jazz' o grupo Menil, un dos proxectos máis orixinais e apaixoantes do swing nacional. O proxecto, que nace co proxecto de difundir e modernizar o gipsy-jazz ou jazz manouche de Django Reinhardt e Stephane Grappelli, presetnta unha nova maneira de facer swing, capaz de emocionar e facer vibrar ao gran público. Será a partir das 20:30, no Xardín Botánico do Burgo. 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina