I Memorial "Tino Poza" de Artes Plásticas

Xa hai data e cartel do primeiro Memorial "Tino Poza" de Artes Plásticas, evento co que o Concello de Culleredo quere homenaxear ao que foi concelleiro durante 28 anos, sendo un dos principais promotores da actividade cultural no municipio. Será o sábado 7 de outubro no Xardín Botánico do Burgo.
 
O Concello concibe o memorial como unha xornada dun día, de pintura "in situ".  Poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc. A ría do Burgo, co seu patrimonio natural e monumental, será o tema sobre o que deben versar as obras nesta primeira edición.
 
O evento comezará ás 9.00 horas, cando se abrirá a inscrición e selado das teas ou outro material que elixa cada artista para a súa obra. A entrega dos traballos deberase realizar entre as 15.00 e as 16.30 horas.
 
O certame está aberto á participación de calquera persoa, posto que se obxectivo é difundir as artes plásticas entre o conxunto da cidadanía. Establécense tres categorías: adultos, xuvenil e infantil. Para o caso dos adultos estableceranse tres premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros respectivamente, mentres que para as restantes concederase material.
 
O memorial nace coa finalidade de homenaxear a figura de Poza e promocionar a cultura entre os veciños de todas as idades, meta pola que pelexou sempre o ex concelleiro. A idea do Concello consiste en que o memorial sexa itinerante polas distintas parroquias de Culleredo, para chegar a todos os cidadáns. 
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca que o traballo de Poza deixou pegada en Culleredo  polo que "merece ser lembrado". O rexedor anima aos afeccionados á pintura a participar neste certame con vocación de chegar a todos. 
 
Tino Poza, que faleceu o pasado decembro, foi concelleiro da corporación desde 1983 ata 2011, exercendo sempre cargos dentro do grupo de goberno. Na súa traxectoria política destacou a súa vinculación á cultura.
 
A prolífica programación cultural permanente que hoxe en día vive Culleredo foi promovida por Celestino Poza, levando o teatro, as exposicións, a música e todo tipo de manifestacións artísticas ao municipio. Como pintor desenvolveu unha intensa actividade, con numerosas exposicións nos últimos anos, algunha tamén nas salas do Concello de Culleredo. 
Vista previaAdjuntoTamaño
bases_i_memorial_tino_poza_2017.pdf1.36 MB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina