O Concello estuda declarar o Xalo, a ría e os muíños de Celas como espazos naturais

Culleredo dispón de numerosos espazos de riqueza ambiental, aínda que non están incluídos na Rede Natura. Con todo, a recente declaración do municipio, xunto co resto da comarca, de reserva de biosfera por parte da Unesco abre a posibilidade de conferir unha categoría ás devanditas zonas e así efectuar actuacións de modo máis prioritario.

Trátase da figura dos Espazos Naturais de Interese Local (ENIL), cuxa aprobación compete ao Concello coa posterior validación da Xunta de Galicia. Desde a reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo proponse optar por esta denominación para incrementar as súas zonas núcleo e así impulsar unha protección especial.

O Concello de Culleredo identificou tres zonas do territorio susceptibles de obter esta cualificación:

  • Monte Xalo
  • Ría do Burgo
  • Contorna dos muíños de Celas

A intención do goberno local é estudar a posibilidade de obter a declaración. Para iso, manterase de forma inminente unha primeira reunión de traballo co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cos técnicos da reserva de biosfera para desenvolver o procedemento a seguir.

O primeiro edil, Julio Sacristán, sinala que este momento, coa PXOM en fase de elaboración para a súa aprobación provisional tras a inicial xa acometida, é o "máis axeitado" para promover esta figura. Desta forma, o Plan xa recollería o perímetro de cada espazo e a normativa de actuación correspondente.

Ao poder incrementar as zonas núcleo da reserva, estes lugares poderían ser obxecto de accións de mellora, actuacións de eliminación de especies invasoras e, en xeral, calquera plan destinado á protección dos seus valores paisaxísticos, a súa biodiversidade ou o seu patrimonio cultural.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina