O Concello incia un servizo que evita aos veciños desprazarse a Tráfico para actualizar o domicilio

O Concello de Culleredo inicia un novo servizo administrativo para facilitar os trámites ao cidadán. Agora, o propio Concello pode xestionar ante a Dirección Xeral de Tráfico os cambios de domicilio relativos a vehículos pertencentes a empadroados no municipio.

O goberno municipal adheriuse á proposta de convenio entre a DXT e a Federación Española de Municipios e Provincias para ofrecer esta facilidade aos veciños. O Concello tramita as variacións do domicilio tanto do permiso de circulación como do propio vehículo.

Para solicitalo, os interesados simplemente teñen que achegar, no momento de acudir ao Concello para empadroarse, a documentación relativa ao vehículo. O Concello automaticamente levará a cabo a xestión, que será confirmada mediante comunicación da DXT ao interesado.

Os casos de empadroados que non actualizasen no seu día a dirección do permiso de circulación ou do vehículo tamén poden usar esta funcionalidade. Terán que acudir ao Concello coa documentación do vehículo.

En todos os casos, este servizo é totalmente gratuíto para o cidadán. O goberno municipal destaca a mellora que supón para o veciño, dado que anteriormente debía desprazarse até a Dirección Xeral de Tráfico e agora pode realizalo desde a Casa do Concello.


Facilidades para crear empresas

O Concello de Culleredo está a apostar de forma decidido por aumentar as facilidades administrativas para o cidadán. Os emprendedores son outro dos colectivos beneficiados por esta política.

O Concello adheriuse á plataforma electrónica "Emprende en 3", unha iniciativa propiciada polo acordo entre o Ministerio de Facenda e a FEMP co obxectivo de reducir a burocracia para a creación de empresas.

Con este sistema os trámites para a creación dunha pequena empresa ou dun negocio almacenista, de menos de 300 metros cadrados de superficie, acurtaranse de forma notable de 42 a 3 días. Os prazos tamén se reducen sensiblemente para os casos de cambio de titularidade.

Esta nova plataforma permitirá realizar os trámites necesarios de forma simultánea co tres administracións: Estado, Xunta de Galicia e Concello. E por Internet, o que evitará desprazamentos ás distintas dependencias públicas para os emprendedores cullerdenses. O Concello adaptará agora as ordenanzas de licenzas e aperturas a esta nova realidade

O sistema procura a eficacia e eficiencia na xestión administrativa municipal, tratando de ofrecer maiores facilidades aos veciños. Especialmente importante resulta esta aplicación nestes momentos  ao eliminar trabas burocráticas para a xeración de actividade económica e emprego.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina