O goberno municipal inicia esta semana a mellora das rúas peonís do Burgo

O goberno de Culleredo iniciará esta semana, unha vez ultimado o contrato coa empresa adxudicataria,  os traballos da mellora das rúas peonís do  Burgo, Sanjurjo de Carricarte e Hersa. Os traballos consistirán en retirar as laxas en mal estado para substituílas por outras: serán uns 120 metros cadrados.  O investimento neste apartado ascende a 25.000 euros. Para acometer a actuación houbo unha avalancha de ofertas, ata 43 empresas, o que demorou no tempo a contratación da obra.

O mal estado das laxas é atribuído, sobre todo, ao continuo paso de vehículos pesados. Con respecto a estes últimos, precisamente, establecerase unha limitación de entrada a partir de certo volume. A petición dos comerciantes, por outra banda, establecerase tamén, unha vez concluídas as obras, un tempo de carga e descarga para vehículos lixeiros co fin de facilitar as xestións nos establecementos da zona durante un tempo limitado.

A segunda liña deste proxecto de mellora das dúas rúas peonís fai referencia á ornamentación. Por unha banda, suprimíronse os colectores de lixo subterráneos que obrigaban a pasar aos camións de recollida e delimitouse na avenida de Ribados unha zona que contén depósitos para diferentes tipos de residuos.

Por outro, instalaranse xardineiras ao longo das dúas vías. Para esta segunda fase, o goberno local solicitou unha subvención á Xunta, dentro da liña aberta para melloras de zonas comerciais.

O goberno local  destaca a importancia que teñen estas dúas rúas dentro da área do Burgo como foco de comercial, de aí o seu interese en potenciala e mellorala para convertela nun epicentro de actividade viva.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina