Culleredo acolle o lanzamento da campaña das Letras Galegas de Vegalsa-Eroski

A compañía de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski celebrou no seu centro de Acea de Ama o inicio da campaña conmemorativa do Día das Letras Galegas, que lembra esta edición a Roberto Vidal Bolaño. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, participou na simbólica pegada de carteis no centro, que marcan o comezo da campaña, acto presidido polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez.

Na súa intervención, o rexedor repasou a vinculación do autor con Culleredo, coa representación de diferentes obras teatrais no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Ademais do alcalde, no acto participaron o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Riobóo, a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, e a concelleira de Educación, Carmen Varela.

Sacristán agradeceu a Eroski ter elixido Culleredo como punto de lanzamento desta campaña que reforza o papel galego da empresa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina