O Concello leva hoxe a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral

O Concello de Culleredo leva hoxe a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento que ordena o crecemento do municipio. Unha vez aprobado polo pleno municipal, procederase á publicación do anuncio no DOG, tras o que se procederá a abrir o período de información pública por dous meses e a dar audiencia aos Concellos limítrofes.

Ao mesmo tempo, o Concello de Culleredo solicitará os informes sectoriais necesarios que haberán de ser emitidos no prazo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro prazo.
 
O alcalde, Julio Sacristán, explica que o Plan Xeral de Culleredo é un instrumento urbanístico complexo, tendo en conta a centralidade do municipio respecto da área metropolitana e da cidade. Culleredo é territorio de paso dunha serie de infraestruturas: gasoduto, oleoduto, autoestrada, autovía, aeroporto, ferrocarril, ribeira do mar, e o abastecemento de auga á cidade, infraestruturas todas elas que xeran unhas servidumes importantes que afectan os predios e solares, e que obrigan a cumprir unha serie de determinadas sectoriais importantes que complican a ordenación e xestión do chan. Practicamente o 50 % do territorio ten algún tipo de servidume.

O documento do plan analiza minuciosamente a realidade de Culleredo, tanto a nivel de pirámide poboacional, como de infraestruturas, equipamentos, sistemas xerais e locais, as súas debilidades e fortalezas, a ocupación do chan, as zonas forestais e agrarias, os núcleos de poboación, os asentamentos poboacionais, en número de 58.
 
A partir da análise desa realidade tenta achegar solucións para o crecemento dos núcleos, os novos equipamentos, as infraestruturas varias, os servizos básicos e un estudo económico-financeiro que o soporta, de cara a conseguir os seguintes obxectivos:

  • Crecemento racional e sustentable.
  • Mellora de infraestruturas.
  • Novos equipamentos básicos
  • Protección das ribeiras e canles dos ríos.
  • Protección das zonas agrícolas e forestais.
  • Concreción da malla urbana
  • Protección de elementos patrimoniais, etnográficos e paisaxísticos

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina