O Concello impulsa unha alegación ao trazado do Camiño Inglés para evitar a AC-215

O Concello de Culleredo elevará unha alegación á delimitación do Camiño Inglés que propón a Xunta de Galicia. O goberno municipal que preside Julio Sacristán levará a alegación este xoves a pleno para a súa aprobación, se procede, por parte da corporación e posteriormente trasladala á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

En concreto, a alegación de Culleredo refírese ao tramo norte do Camiño, na súa entrada a Culleredo desde A Coruña. O Camiño entra polo Portádego (Nacional 550). Desde aí, a Xunta propón que o trazado siga pola N550 ata a AC-215 (avenida Electo Carballo) ata chegar á rotonda da AC-211 xunto á sede da Policía Local e desde aí baixar ao xardín botánico do Burgo onde enlazaría co paseo marítimo e continuaría o seu trazado cara o municipio de Cambre.

Tendo en conta que dentro do criterio específicos de delimitación, naqueles casos nos que non quedan trazas do Camiño Real, proponse alternativas con criterios de funcionalidade, mobilidade, medio ambiente ou patrimonio, o Concello suxire variar a conexión entre a Nacional 550 e o paseo marítimo para evitar o uso que propón a Xunta de grandes infraestruturas.

Así, a alegación que quere presentar Culleredo impulsa que no  Portádego o Camiño Inglés siga a estrada que linda coa Coruña e baixa ata a avenida de Fonteculler. Esta vía pasa xunto a espazos libres como o parque das Brañas e non acumula gran tráfico rodado.

Unha vez en Fonteculler, xa inmediatamente o peregrino podería utilizar o semáforo que permite cruzar a AC-211 diante do colexio da Pasaxe, chegar á urbanización A Ría e xa tomar así o paseo marítimo, con senda peonil e para bicicletas.

O alcalde apunta que esta proposta de alegación responde a criterios de "seguridade e protección" para o peregrino. "Vemos máis adecuado evitar unha vía de alta capacidade de tráfico como é a AC-215 e usar estradas pouco transitadas", asegura.

Ademais, este trazado permite ademais incrementar a contemplación da contorna natural da ría do Burgo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina