O Concello renovará o acceso desde Orro á Zapateira

O acondicionamento nas vías públicas que serven de acceso a vivendas constitúe unha dos principais esforzos económicos que pretende acometer o Concello de Culleredo. Nestes momentos, prepara a remodelación dun dos accesos a unha zona eminentemente residencial: A Zapateira.

O Concello renovará a entrada desde a zona sur, en concreto desde a parroquia de Orro. Trátase da estrada que parte desde o núcleo de Figueiras, que presenta un estado astante deteriorado polo seu uso, quizais agravado polo tránsito de camións para o transporte e madeira.

A obra consistirá na pavimentación completa da estrada, que chega até a contorna da urbanización Vallesur. O investimento, procedente das baixas da contratación do Plan de Obras e Servizos provincial, supera os 40.000 euros.

A actuación atópase en proceso de contratación, polo que o Concello confía en que poida empezar nas próximas datas, a condición de que as condicións meteorolóxicas o permitan.

"É unha vía importante no municipio e necesita unha reparación urxente", afirma o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán. O dirixente destaca que son decenas de residentes os que empregan o viario para chegar ás súas casas, e por iso o equipo de goberno fixou a actuación como "prioritaria" para este ano.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina