El archivo seleccionado no se pudo copiar, porque no existe ningún archivo con ese nombre. Compruebe que ha suministrado un nombre de archivo correcto.

O Burgo acolle a I Festa do Cocido

cocido1.jpg
cocido1.jpg
O Burgo convértese na capital da celebración do Entroido da comarca. O recinto multiusos situado a pé da ría acolle a I Festa do Cocido, cinco xornadas onde a gastronomía, a música, a animación, e tamén a solidariedade serán protagonistas.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presentou a festa, na que colabora o Concello. Ao seu lado estivo como representante da empresa organizadora, Natalie Barreiro, e do Centro Oncolóxico de Galicia, o director Fernando Cachafeiro, ademais do concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo. "Temos estrutura, material e gañas", manifestou a encargada da festa, que espera que o festexo chegue á altura do de Lalín.

A impresionante carpa ten 2.500 metros cadrados de superficie, aos que hai sumar outros 600 onde se situarán as cociñas, os servizos ou o recinto de animación infantil. Na carpa principal estarán instaladas 200 mesas onde caberán unhas 1.600 persoas.

"Será unha montaxe seguramente única en Galicia", apuntou o rexedor, en referencia ás características das carpas e o seu tamaño. Sacristán recoñeceu que se trata dun evento impensable sen unha iniciativa privada, á que agradeceu a súa aposta decidido en tempos de crises e a súa elección de Culleredo como sede.

O alcalde espera a chegada de miles de visitantes ao Burgo. "Desta forma cúmprese o noso obxectivo de recuperar esta zona para acoller eventos que dinamicen o municipio", asegurou.

As racións de cocido custarán 12 euros. Serviranse nun prato de barro e serán moi completas, avanzou Barreiro. Tamén se poderá degustar polbo por 10 euros, costela por 7, ou gambóns por 12 euros.

Para aparcar habilitarase unha ampla zona xunto ás naves da Cros e de noite, a partir das 22.00 horas, poderanse utilizar os aparcadoiros de superficie e subterráneo do centro comercial Gadis.

Cada día terá diversas actividades (ver programa adxunto). O martes de Entroido celebrarase a Gala Benéfica contra o Cancro.
 
presentación

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina