Clausura dos obradoiros sociais

Obradoiro socialRaquel Jabares clausurou os obradoiros sociais cunha elevada presencia de inmigrantes

As dinámicas versaron sobre cociña, habilidades sociais e idiomas

O Concello de Culleredo clausurou onte os obradoiros de cociña e habilidades sociais e "O teu novo pais o teu novo idioma", nos que participaron maioritariamente inmigrantes. A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, acudiu ao acto e realizou a entrega dos diplomas conmemorativos.

Os participantes degustaron unha merenda elaborada polas alumnas do obradoiro de cociña para celebrar a conclusión do curso. Jabares resalta que todos os asistentes aos obradoiro quedaron "moi satisfeitos co resultado" das dinámicas e incluso solicitan repetir a experiencia o vindeiro curso.

A responsable de Benestar Social apunta que a programación de obradoiros perseguía especialmente a "integración da poboación inmigrante" na vida do municipio e a mellora da súa capacitación en habilidades de uso cotiá.