Encontros Culturais do Outono XX Festival Internacional de Pulso e Púa

O xoves 1 de Outubro ás 20:30 horas na Igrexa do Burgo (Culleredo) terá lugar a actuación do grupo RECO DO BANDOLIM&CHORO LIVRE DE BRASILIA (BRASIL). Actuación enmarcada dentro das actuacións do XX Festival Internacional de Pulso e Púa que organizan conxuntamente a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo e a Agrupación Albéniz, que se remonta a primeira edición do Festival hai 20 anos, como unha aposta pola cultura comarcalizada da que Albeniz e este concello son un exemplo.
Henrique Lima Santos Filho, o Reco do Bandolim, é baiano de Salvador. Chegou a Brasília en 1963. O descubrimento do bandolim e os discos de Jacob Bitencourt, despertaron unha paixón definitiva polo Choro. Participou do grupo de fundadores do Clube do Choro de Brasilia en 1978, e forxou o seu estilo en rodas musicais ao lado dos mestres Waldyr Azaevedo, Avena de Castro, Odete Ernest Días, Bide e Pernambuco do Pandeiro. Posue un estilo refinado, de interpretacións elaboradas, e se declara discípulo de Jacob do Bandolim. Ten gravados catro discos, entre os cales destaca o "Reco do Bandolim & Choro Livre" con máis de cinco mil copias vendidas.
O grupo ten actuado ou compartido palco con importantes artistas e é o grupo de base de todos os proxectos presentados polo Clube do Choro de Brasilia. Ten dous CDs gravados, onde ademáis de clásicos do xénero, presenta composicións propias. O Grupo Choro Livre está composto por: Reco do Bandolim (bandolim), Henrique Neto (violão 7 cordas), Rafael dous Anjos (violão 6 cordas), Marcio Marinho (cavaquinho) e Tonho (pandeiro).

Para máis información ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdjuntoTamaño
festival pulso e púa.2009.pdf39.28 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina