Encontros Culturais do Outono V Festival de Títeres “Consorcio As Mariñas”

GalicrequesO vindeiro luns 5 de Outubro iníciase en Culleredo a Programación do V FESTIVAL DE TÍTERES "CONSORCIO DAS MARIÑAS" que organizan os nove Concellos que conforman o consorcio, nunha programación de alta calidade dirixida ás nenas/os da comarca, e que conta ca participación das mellores Compañías de Títeres do mundo.
Esta primeira actuación celébrase o luns día 5 ás 11:00 horas no Colexio Isaac Díaz Pardo do Burgo, na que actuará a COMPAÑÍA DE TEATRO ARBOLÉ de Aragón co espectáculo "Los tres cerditos", que utiliza monicreques de bastón e fíos.


SINOPSE:
Unha versión do conto clásico, realizada con monicreques de bastón e fíos, que recolle unha técnica xa empleada polo Teatro Arbolé. Este conto clásico de transmisión oral fainos reflexionar sobre a dramaturxia para os máis pequenos. Unha historia sabida e escoitada que encerra os elementos máis cercanos aos nenos e nenas máis pequenos.

Programa do Festival en Culleredo:

 

DATA

HORA

LUGAR

COMPAÑIA

OBRA

Luns 5

11.00

C.E.I.P.  Isaac Díaz Pardo (O Burgo)

Teatro Arbolé (Aragón)

Los tres cerditos

Martes 6

11.00

C.E.I.P.  Ría do Burgo (Fonteculler)

Marionetas, Actores & Objetos (Portugal)

Dança comigo

Mércores 7

11.00

C.E.I.P.  Tarrío

Títeres del Bienteveo

(Córdoba-Arxentina)

Birlibirloque Popurri Titiritesco

Xoves 8

11.00

Edificio M. Servizos Múltiples  

La Hormiga

(Rosario-Argentina)

Tenue

Venres 9

11:00

C.E.I.P.  Sofia Casanova

Ángeles de Trapo

(Uruguay)

Inolvidable Quijote

Luns 5 / 11:00 h.
NOME DA COMPAÑÍA: Teatro Arbolé
PROCEDENCIA: Aragón
TÍTULO DO ESPECTÁCULO: Los tres cerditos
TÉCNICA: bastón e fíos
IDIOMA: castelán
DURACIÓN: 60 minutos
IDADES RECOMENDADAS: a partir de 3 anos
SINOPSE:
Unha versión do conto clásico, realizada con monicreques de bastón e fíos, que recolle unha técnica xa empregada polo Teatro Arbolé. Este conto clásico de transmisión oral fainos reflexionar sobre a dramaturxia para os máis pequenos. Unha historia sabida e escoitada que encerra os elementos máis cercanos aos nenos e nenas máis pequenos.

Martes 6 / 11:00 h.
NOME DA COMPAÑÍA: Marionetas, Actores & Objetos
PROCEDENCIA: Portugal
TÍTULO DO ESPECTÁCULO: Dança comigo
TÉCNICA: mixta
IDIOMA: sen palabras
DURACIÓN: 50 minutos
IDADES RECOMENDADAS: a partir de 6 anos
SINOPSE: Este é o espectáculo máis coñecido e popular do grupo. Foi representado en varios festivais de Portugal e o resto de Europa, entre
eles o de Istambul, onde foi considerado o mellor espectáculo.
Na obra poden apreciarse distintas técnicas tradicionais de marionetas desde unha perspectiva contemporánea.
A historia é contada sen texto, máis con moito ritmo, por iso non precisa de palabras.
É o amor. É a vida. Son os encontros e desencontros en espiral.
Poden sorrir, poden rir, e tamén chorar se queren. Pola nosa parte so nos queda repetir a nosa invitación para cada un e para todos: Dança comigo!

Mércores 7 / 11:00 h.
NOME DA COMPAÑÍA: Títeres del Bienteveo
PROCEDENCIA: Córdoba-Arxentina
TÍTULO DO ESPECTÁCULO:
Birlibirloque Popurri Titiritesco
TÉCNICA: luva, variña, boca
IDIOMA: castelán
DURACIÓN: 55 minutos
IDADES RECOMENDADAS: a partir de 3 anos
SINOPSE:
Dous monicreques antropométricos presentan un popurrí articulando as historias, xogando e dialogando co público. O discutible concepto de propiedade pon en apuros a grandes e pequenos cunha historia protagonizada por dous veciños. A inflexión poética chega cun cadro de teatro negro ambientado no mar. O antagonismo entre "bos" e "malos" formúlase en torno a unha flor; esta pasaxe, de gran forza dramática, arranca o espontáneo compromiso da
platea, que toma partido defendendo ó inocente.

Xoves 8 / 11:00 h.
NOME DA COMPAÑÍA: La Hormiga
PROCEDENCIA: Rosario-Argentina
TÍTULO DO ESPECTÁCULO: Tenue
TÉCNICA: títeres de mesa, manipulación directa,
teatro negro
IDIOMA: castelán
DURACIÓN: 55 minutos
IDADES RECOMENDADAS: a partir de 12 anos
SINOPSE:
Obxectos e bonecos protagonizan diferentes historias que falan do amor, a sedución, as contrariedades... descubrindo un mundo fantástico de imaxes, cores e sons, suxestivos, tenues...

Venres 9 / 11:00 h.
NOME DA COMPAÑÍA: Ángeles de Trapo
PROCEDENCIA: Uruguay
TÍTULO DO ESPECTÁCULO: Inolvidable Quijote
TÉCNICA: Varillas, planos e marotes
IDIOMA: Castelán
DURACIÓN: 45 minutos
IDADES RECOMENDADAS: Tódolos públicos
SINOPSE:
Adaptación da famosa creación cervantina.
Veremos a primeira saida do Quijote do pobo, a chegada á venta- castelo, o enfrentamento cos mercaderes, o regreso ao pobo, adestrucción dos libros, a segunda saida con Sancho, os muíños de vento, a venta, o encontro co rebaño de ovellas, o bosque e os batans, a subida á serra e os acontecimentos ocurridos na venta que terminan co regreso do Quijote novamente ao pobo onde o agarda un divertido final.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina