'Batutas e bastóns'

Tras o éxito de edicións anteriores volve "Batutas e Bastóns" que na súa sexta edición contará coa presenza do Director de Orquestra Josep Pons, Director da Orquestra do Gran Teatro Liceo de Barcelona e de Roberto Tojeiro, presidente de Gadisa, os cales se subirán ao auditorio Gustav  Mahler do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo o mércores 29 de xaneiro ás 19:00 horas, onde o Director do Conservatorio e presentador do evento Marcos Seoane tentará amosar o lado mais humano e próximo de ambos nunha entrevista persoal nun acto repleto de humor e música.


Avalado polo seu paso por edicións anteriores de figuras da dirección como os mestres Victor Pablo Pérez, Jesús López Cobos, Dima Slobodeniouk, Alberto Zedda ou Paul Daniel, o ex alcalde da Coruña Javier Losada de Aspiazu ou os xerentes da Sinfónica de Galicia e Real Filharmonía de Galicia Andrés Lacasa e Sabela García, 'Batutas e Bastóns' xa vén de ser un exemplo claro de que o mito de director de orquestra, o de xerente ou presidente dunha gran empresa inaccesibles, pasou á historia, acercando ao gran público cun formato dinámico, humorístico e por suposto musical, preguntas 'online' de convidados sorpresas facendo de 'Batutas e Bastóns' algo diferente e sorprendente.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina