No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura estrea o seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo, coa celebración do Curso de Iniciación á Apicultura os días 4, 5 e 6 de abril no Xardín Botánico de O Burgo.
O goberno de Culleredo busca apoiar ás persoas en situación de desemprego, procedentes do sector da construción, nas súas tarefas de procura de traballo. O Concello impartiu esta pasada semana unha formación específica, para estas casuísticas, en prevención de riscos laborais.
O goberno municipal duplica as prazas creando dúas edicións do curso de micoloxía e así satisfacer as peticións realizadas polos veciños. Os dous cursos, de catro días de duración cada un, celebraranse no mes de novembro.
O Concello de Culleredo impartirá unha formación destinada á cualificación profesional de 45 veciños en situación de desemprego. A hostalaría, a carpintaría e os servizos sanitarios serán os ámbitos de formación, que o goberno local considera que se adapta a algunhas das necesidades do mercado laboral. Os participantes serán seleccionados polo INEM.
A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego publica as listaxes do alumnado admitido aos cursos e talleres correspondentes á programación do ano 2013 “Formación para o Emprego”. Nos documentos adxuntos, asemade, pódese consultar o día e a hora de inicio dos devanditos cursos e talleres.
A Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego publica as listaxes de convocados/as para as probas de selección dos cursos e talleres correspondentes á programación de 2013 “Formación para o Emprego”.
O plan de formación do Concello de Culleredo recibe máis de 400 demandas dos veciños en situación de desemprego. A asignación de prazas realizarase a través dunha proba de selección no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas, agás o taller de apoio á preparación das competencias clave que será por orde de inscrición. O vindeiro 24 de abril publicarase a lista no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Formación e na páxina web.
O Concello e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan un curso de iniciación a apicultura. Terá lugar no Xardín Botánico do Burgo entre o 5 e o 13 de abril. O curso será de balde para todos os socios de AGA e empadroados no Concello de Culleredo. A inscrición estará aberta ata o vindeiro martes 2.
O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.
O Concello de Culleredo decidiu variar a súa política en materia formativa e emprender un programa propio que veña a cubrir as reducións nos plans da Xunta de Galicia. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que para deseñar este plan, o departamento municipal de Formación analizou as necesidades formativas no municipio e as oportunidades de inserción laboral do mercado na actualidade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER