O Concello organiza no mes de xaneiro, na Biblioteca Municipal, sita en Vilaboa, diversas actividades pensadas especialmente para traballar os hábitos de lectura cos máis pequenos do municipio.
O Concello informa sobre o horario e obxectivos dos elementos decorativos de iluminación de Nadal, co financiamento da Deputación da Coruña.
O vindeiro martes 5 de xaneiro terá lugar a gran Cabalgata de Reis. As Súas Maxestades de Oriente percorrerán as principais rúas do centro urbano e visitarán centros sociais das parroquias.
O Concello de Culleredo informa de que os veciños que queiran participar na próxima cabalgata de reis como figurantes poderán inscribirse a partir do luns dia 21 e ata o mércores 23.
O Concello de Culleredo presenta este ano unha ampliada campaña de actividades de Nadal coa meta de dinamizar a vida social e comercial do municipio. O goberno local, coa coordinación das súas diversas áreas, configurou unha extensa programación pensada especialmente para os nenos, que tocan as vertentes culturais, lúdicas, deportivas e sociais.
O Concello de Culleredo ofrece unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, agás fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
O Concello de Culleredo informa sobre a nova edición do seu campionato de tute. A primeira fase comeza en novembro e a segunda, coas parellas clasificadas, en marzo do 2016.
O grupo cullerdense Teatro do Atlántico cumpre 30 anos e os celebra representando a obra "O principio de Arquímedes". Será o venres, 27 de novembro, ás 20:30 horas no Conservatorio Municipal.
Os veciños de Culleredo terán a oportunidade o vindeiro lunes, 23 de novembro, de aprender os detalles da factura de electricidade e coñecer métodos para reducila. ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolverá una aula sobre os dereitos dos consumidores en materia enerxética.
O Concello de Culleredo lanzou a inscrición para a próxima saída dos maiores: unha excursión á ría de Ares. Terá lugar o sábado 14. A actividade enmárcase no programa de visitas a paraxes naturais que están a efectuar os maiores.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER