O Concello de Culleredo pon en marcha o plan de formación de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do municipio. No Botánico haberá 25 prazas dispoñibles, dúas delas reservadas a asociacións municipais, e en Vila Melania poñeranse ao dispor das usuarias e usuarios un total de 14.
O prazo de inscrición está aberto do 2 ao 30 de novembro de 2020. Achégase o formulario, que se deberá asinar, e o calendario do proceso.
Os requisitos para formar parte deste proxecto, para as persoas físicas, son: ser maior de idade e residir no Concello de Culleredo; inscribirse no sorteo de prazas; ter capacidade física suficiente para realizar as tarefas propias do proxecto formativo e presentar como máximo unha solicitude por cada unidade de convivencia familiar, entendendo como tal aquelas persoas que convivan no mesmo domicilio, sexa cal for a relación de parentesco existente entre as mesmas.
No caso das asociacións, é indispensable: estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Culleredo; designar á persoa representante da mesma e presentar un proxecto de interese social no que se describan as actividades que se van a realizar no horto.
O alumnado recibirá formación, cunha duración de 40 horas no Centro Municipal ‘Pablo Picasso’, na aula de Natureza e nos hortos urbanos do Botánico e Vila Melania. O período de inscrición vai desde o día 2 ao 30 de novembro, e as persoas interesadas deberán entregar a súa solicitude debidamente cuberta e presentala de forma telemática a través da sede electrónica do Concello, ou ben de maneira presencial no Rexistro Xeral ou Auxiliar.
No caso de que a demanda de prazas exceda a oferta realizada, realizarase un sorteo público, do que se informará na páxina web do Concello. O resultado publicarase tanto no Pablo Picasso como na web.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
anexo_i_preinscricion_hortos.pdf | 169.28 KB | |
anexo_2_calendario.pdf | 482.73 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER