Actividade Municipal

Plan de formación 2014 para personas desempregadas

O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego.O programa conta con 289 horas e 148 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral. Inscrición do 1 ao 5 de setembro.

Programación para maiores ata decembro de 2014

O Concello de Culleredo lanza programación de actividades para maiores prevista para o que queda de ano, configurada en función das suxestións recibidas dos propios maiores.

Acto público na xunta de goberno local do luns 18 de agosto

A Xunta de Goberno Local do vindeiro 18 de agosto de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público a adxudicación do subministro dun vehículo de emerxencias.

Programación infantil para o mes de agosto

O Concello de Culleredo lanza unha ampla programación infantil para o mes de agosto. Haberá actividades tanto na Biblioteca de Vilaboa como no centro social do Burgo. Os pequenos poderán gozar de diferentes obradoiros, adaptados aos diferentes rangos de idade.

Aviso de horario de verán e obras nas bibliotecas

A partir do 1 de xullo, o horario das bibliotecas será de 10.00 a 17.00 horas. Ademais, a Biblioteca do Burgo pechará, por obras, a partir do 15 de xullo. A atención ao público seguirase prestando dende a Biblioteca de Vilaboa.

Novos horarios do autobús metropolitano e municipal no concello de Culleredo

O día 30 de xuño puxéronse en funcionamento de forma definitiva as novas liñas de bus, tanto o metropolitano como o de interese municipal. A continuación pódese acceder ao cadro de horarios.

I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo

O Concello e a compañía de Teatro El Ruiseñor lanzan o I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo. O goberno local quere aproveitar a auxe desta modalide artística no municipio para seguila potenciando.

Programación infantil do mes de xuño

A Concellaría de Cultura programa neste mes obradoiros de cociña e de contos para os nenos. Desenvolveranse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

A música sae é rúa en Culleredo

O Concello de Culleredo leva a música ás rúas do municipio. Un novo programa cultural do Concello difune a música instrumental por lugares concorridos con paso elevado de xente.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina