Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango regulamentario, e en cumprimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP-, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza reguladora dunha nova Ordenanza reguladora dos procedementos de intervención administrativa na execución de obras e no exercicio de actividades no Concello de Culleredo, substánciase unha consulta pública previa para solicitar a opinión dos cidadáns e das organizacións máis representativas que potencialmente se poidan ver afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
O que se publica no taboleiro de anuncios deste Concello e na páxina web municipal para que os cidadáns, organizacións e asociacións que o consideren oportuno poidan facer chegar as súas opinións ou suxerencias, durante un prazo de 20 días hábiles, a través da súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Xuntase a Consulta previa da Ordenanza coa memoria explicativa.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
Ordenanza galego para consulta previa | 294.39 KB | |
Anuncio | 243.66 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER