O Concello de Culleredo quere implicar a cidadanía para a elaboración dos orzamentos municipais de 2025. Para iso, os veciños e veciñas poden remitir as súas propostas, que deben ter vocación de interese xeral e ser de execución viable para a administración local.
O prazo para presentar achegas está aberto ata o 9 de setembro. Pódese realizar no correo electrónico participa@culleredo.es ou polo Rexistro Municipal.
As propostas deben contar cos seguintes datos:
Requisitos para presentar ideas, segundo o Regulamento de Participación Cidadá:
As propostas recibidas serán informadas e asesoradas polo persoal técnico de cara á redacción do proxecto de orzamentos. Poderán supoñer ata un 25 % do anexo de investimentos.
O goberno de Culleredo anima a veciñanza a trasladar as súas ideas para adaptar ao máximo os orzamentos ás necesidades da cidadanía.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER