Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2018

Dende o Servizo de Dinamización , Formación e Emprego da Concellería de  Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego. Ditos cursos están dirixidos aos veciños/as do Concello de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
 
Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuir unha formación básica necesaria e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.
 
Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo, permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2. 
 
Nº DE CURSOS: 2
 
REQUISITOS DE ACCESO: Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente.
 
DURACIÓN DE CADA CURSO: 40 horas.
 
PRAZAS OFERTADAS:
Cada curso conta con 20 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 75% das prazas poderá ser cancelado.
 
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: No caso de que o número de solicitantes supere ao de prazas, realizarase un sorteo público o 20 de marzo de 2018 as 10:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo  Picasso" do Concello de Culleredo. O resultado do sorteo publicarase no taboleiro de anuncios deste mesmo Centro  o 26 de marzo de 2018.
 
INFORMACIÓN:
Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.
R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo.
Tfno.: 981664204
 
LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Rexistro Municipal
Edificio de Servizos Múltiples, R/ Ramón Cabanillas, nº 14. O Burgo - Culleredo
Casa do Concello. Rúa do Concello, nº12, Tarrío – Culleredo.
 
PRAZO DE SOLICITUDE: 
Do 5 ao 9 de marzo de 2018.
De 9:00 a 14:00 horas.
Vista previaAdjuntoTamaño
procedemento_inscricion_competencias_clave.pdf96.39 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina