III Andaina TP-Galicia polo monte Xalo

Culleredo buscará sensibilizar sobre os trastornos de personalidade na III Andaina Solidaria da asociación TP GALICIA polo monte Xalo. Terá lugar o domingo 30 de outubro, en colaboración co Concello de Culleredo e con Castelo Deporte.
 
A andaina desenvolverase a partir das 11.00 horas. As inscricións poden facerse no teléfono 699 258 993 e no mail iiiandainatpg@gmail.com.
 
A actividade ten como finalidade, ademais de sensibilizar á poboación sobre a estigmatización que hai sobre as persoas que padecen estes trastornos, a de recadar fondos para que a entidade poida dar cobertura a un grupo de apoio de persoas con trastornos de personalidade e familiares en Culleredo. 
 
 A inscrición inclúe a degustación de paella ao final da marcha.
 
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, anima á cidadanía a participar na actividade, para contribuír cos fondos que son tan necesarios para as persoas con estas doenzas. Ademais, destaca que se trata dunha acción “saudable e que servirá para concienciar á sociedade”.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina