Oferta de actividades municipais de Cultura, Deportes e Benestar Social

O Concello de Culleredo lanza a súa programación anual de actividades culturais, deportivas e sociais para o novo curso con máis de 2.100 prazas a disposición dos veciños. Trátase dunha ampla programación configurada en función das demandas dos residentes e coa que o goberno local quere dar resposta aos cullerdenses de todas as idades.
 
O prazo para efectuar a preinscrición iníciase este xoves, 8 de setembro, e pecharase o día 15. Nos casos de máis solicitudes que prazas se adxudicarán por sorteo. O día 22 publicaranse as listas de admisión e o 26 efectuarase o sorteo público.
 
A preinscrición poderá realizarse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, no mostrador especial habilitado pola entrada do auditorio, en horario de 9.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 horas, de luns a venres. Ou tamén nos centros municipais de servizos sociais do Burgo ou de Vilaboa, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou pola tarde previa cita.
 
O Concello ofrece bonificacións para unha ampla variedade de colectivos. A máis grande será para a denominada tarifa social, que abarca até a gratuidade en función dos informes técnicos de servizos sociais, tendo en conta as circunstancias persoais e sociofamiliares en concreto. 
 
Hai bonificacións así mesmo para familias numerosas, dun 100% para as de carácter especial e dun 50% para as de carácter xeral. Tamén os veciños en situación de desemprego e os membros da oficina municipal de voluntariado terán un 50% de bonificación. Os mozos, maiores e persoas con discapacidade terán un desconto dun 10%.
 
A oferta ten en total máis de 2.100 prazas para un centenar de actividades que se desenvolverán nas diferentes parroquias do municipio.  As actividades pretenden cubrir os principais centros de interese dos veciños. No apartado de benestar pódense atopar a Escola do Saber, a aula de Estimulación Mental, internet para maiores, talleres de labores artesánvs, o coro de Voces Veteranas, ou a ximnasia de mantemento, con grupos en 9 núcleos.
 
A nivel cultural distínguese entre programación para adultos e programación infantil. No primeiro caso ofrécense opcións como bailes de salón, patchwork, fotografía ou inglés. No segundo caso, os pequenos poderán iniciarse en inglés, informática ou guitarra, entre outras.
 
E finalmente a nivel deportivo, complementando a amplísima oferta dos clubs cos que colabora o Concello, os veciños poden atopar modalidades como patinaxe, ximnasia rítmica, karate, ioga, zumba ou pilates, esa última das máis numerosas con 9 grupos.
Vista previaAdjuntoTamaño
actividades_municipais_2016-2017.pdf4.26 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina