Actividades para adultos na Biblioteca Municipal de Vilaboa

O Concello de Culleredo acaba de lanzar a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares", situada en Vilaboa, acolle desde este mes diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.

Cada quince días terán lugar as reunións do Club das Mañás e do Club das Tardes. O primeiro xuntarase os martes, cada 15 días, de 11.00 a 12.00 horas, a partires do 7 de outubro. O segundo empezará o día 9, polo que se reunirá os xoves de 17.00 a 18.00 horas.

O outro club que funcionará na rede de bibliotecas municipais será o de maiores, reservado para veciños de máis de 65 anos. Xuntarase o primeiro luns de cada mes, comezando o día 6, en horario de 17.00 a 18.30 horas.

Ademais dos clubes, o Concello oferta as chamadas tertulias temáticas. A Tertulia Literaria empeza o martes 7, día 1, de 19.30 a 21.00 horas, desenvolvéndose polo tanto o primeiro martes de cada mes.

A Tertulia de Arte será os luns, de forma quincenal, comezando o 6 de outubro, en horario de 19.30 a 21.00 horas.

Finalmente, a Tertulia de Historia celebrarase os segundos e cartos mércores de cada mes, de 11.30 a 12.30 horas, Iniciarase o 12 de novembro.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a “variedade cultural” da oferta para adultos da Biblioteca e anima aos veciños a achegarse polas actividades para intercambiar ideas e experiencias culturais con outros veciños.

Vista previaAdjuntoTamaño
programacion_adultos_bibliotecas_municipais_2014-2015.pdf373.1 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina