No ámbito dos servizos sociais.
1.- Voluntari@s sociais coas minorías étnicas:
- "A saúde con nós".
- "Aprender a aprender".
Tarefas a desenvolver:
- Apoio na autonomía e coidado persoal dos nenos e nenas xitanos.
- Apoio nas clases de cociña dirixidas a mulleres e rapaces e rapazas.
- Apoio nas clases de reforzo escolar diarias ou nas vacacións escolares.
2.- Voluntari@s sociais con menores e adolescentes:
- "Progresa con apoio".
- "Luditempo".
Tarefas a desenvolver:
- Apoio no reforzo escolar despois do colexio e en vacacións.
- Apoio na información e orientación académica individualizada.
- Apoio nas saídas culturais e nos diversos obradoiros de manualidades, deportes... etc. que se programen.
3.- Voluntari@s coas persoas maiores:
- "Suma e segue".
- "Maiores con marcha".
- "Internet para maiores".
- "Deixando pasar o tempo".
- "Lembrar doadamente".
Tarefas a desenvolver:
- Apoio nas aulas de adultos.
- Cooperación e apoio nas diferentes actividades lúdicas: excursións, festas, bailes...
- Acompañamentos tanto dentro como fóra do domicilio.
- Apoio a grupos de reforzo da memoria.
4.- Voluntari@s sociais coas persoas con discapacidade:
- "Achégate ti tamén".
- "Imos á rúa".
- "Imos de excursión".
- "Tod@s á auga".
- "Telemática sen barreiras".
Tarefas a desenvolver:
- Apoio e cooperación na execución de actividades divulgativas.
- Acompañamentos e adestramento na utilización de recursos (coller un bus, ir aos distintos organismos públicos, ao centro de saúde...)
- Apoio nas distintas actividades a realizar con estas persoas.
5.- Voluntari@s coas familias:
Tarefas a desenvolver:
- Acompañamento e adestramento na utilización de recursos da comunidade (ir a consulta médica, a tramitar distintas xestión etc.).