Sométese a consulta pública previa a elaboración do novo Regulamento municipal de Participación Cidadá, durante 15 días hábiles, desde o día 6 ao 24 de outubro de 2020, ambos os dous días incluídos, a través da dirección electrónica participacioncidada@culleredo.es, facendo constar no asunto “Consulta previa borrador de Regulamento municipal de Participación Cidadá”.
Exponse tamén a proposta de borrador do novo regulamento.
Avanza o XIX Campionato de Tute do Concello de Culleredo. O venres 19 de maio ás 21.00 horas en Celas proseguirase coa quinta.
O Concello de Culleredo celebrou na noite de onte a primeira reunión do Consello Xeral de Participación Cidadá. É o máximo órgano de participación veciñal no sistema creado este mandato.
O Concello de Culleredo informa de que na sesión plenaria celebrada o pasado xoves quedou rexeitada a proposta do goberno local de modificar o regulamento de participación cidadá, que consistía en subir dun 10% a un 30% a porcentaxe de investimentos a decidir polos veciños. Os votos a favor do equipo de goberno non bastaron para lograr a maioría absoluta, dado que todos os partidos da oposición decidiron absterse.
O Concello de Culleredo estrea novo sistema para potenciar a participación cidadá na vida municipal. O goberno local convocou ás asociacións que figuran no rexistro municipal para darlle a coñecer os detalles da nova estrutura coa previsión de iniciar o traballo este mesmo mes.
O vindeiro martes 5 de xaneiro os Reis Magos terán unha apretada axenda en Culleredo. Ese día, desde as 17:00 terá lugar a gran Cabalgata de Reis, cun percorrido polas principais rúas do centro urbano. Ao longo da tarde visitarán ademais centros sociais das parroquias.
O Concello de Culleredo concede axudas económicas a todas as asociacións radicadas no municipio. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, firmou nun acto no consistorio os convenios coas 77 entidades de todos os ámbitos que traballan no municipio.
Das 600 persoas que tomaron partida, desde o inicio do curso, no Campionato de Tute do Concello, a parella de Ledoño, Zacarías e Carlos, venceu este fin de semana a final e alzouse co título. O alcalde entregoulles o trofeo.
Os Reis Magos terán o domingo 5 de xaneiro unha axetreada axenda en Culleredo. O Concello organizou diferentes actos coas Súas Maxestades, que inclúen a tradicional Cabalgata polos núcleos urbanos e as visitas aos diferentes centros sociais das parroquias do rural.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER