Medioambiente e Servizos

O Concello limpa de forma subsidiaria as fincas de propietarios que fan caso omiso aos requerimentos

Mellorar as vías municipais e limpar as fincas próximas a vivendas que se atopan en mal estado e cuxos propietarios non atenderon os requirimentos realizados desde o Concello son as dúas actuacións que forman parte dos traballos que está a levar a cabo o goberno local dentro da campaña anual de rozas.

O Concello recuperará o paseo fluvial do Mero

O goberno de Culleredo levará a cabo un proxecto de recuperación do paseo fluvial do río Mero ao seu paso pola parroquia de Almeiras. A senda atopábase intransitable, ao estar invadida pola maleza, polo que o Concello decidiu asumir o mantemento e acondicionala para o uso veciñal.

Cambio na xestión do lixo nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte

O Concello de Culleredo informa os residentes nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte do cambio na xestión dos residuos. Desde agora, os veciños deben depositar o lixo nos novos colectores instalados na avenida de Ribados. Os colectores soterrados da confluencia de Hersa e Sanjurjo de Carricarte quedaron precintados e fóra de uso.

O Concello comeza en Rutis a roza de 282 estradas de todas as parroquias

O Concello de Culleredo inicia un plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Os traballos comezaron pola parroquia de Rutis, no núcleo de Vilaboa, e nas próximas semanas estenderanse ás restantes parroquias. Os traballos abarcarán a 164 quilómetros de 282 estradas municipais.

O Concello prepara a roza de 164 quilómetros de 282 estradas locais

O Concello de Culleredo levará a cabo unha ampla campaña de roza polas estradas municipais de todas as parroquias. Abarcará a 164 quilómetros de 282 estradas municipais situadas en todas as parroquias. O goberno local tramita a contratación destes traballos para que poidan comezar de inmediato, cun investimento municipal que roldará os 40.000 euros.

O Concello renovará o parque Sofía Casanova de Vilaboa

O goberno de Culleredo, na súa política de destinar os principais investimentos ás infraestruturas básicas e actuacións prioritarias para os veciños, remodelará o parque Sofía Casanova de Vilaboa. O espazo foise deteriorando conforme o paso do tempo, polo que os traballos consistirán na sía limpeza, arranxos na pasarela, renovación do céspede sistético, plantación de árbores e colocación de mobiliario urbano.

O goberno de Culleredo dota de saneamiento e renova o firme en Os Condes

O goberno de Culleredo leva a cabo obras na ligazón entre as parroquias de Sésamo e Sueiro por Os Condes. O proxecto consiste tanto na dotación do servizo de saneamento como na renovación do firme da estrada, dúas necesidades que presentaba o núcleo e que por tanto o goberno de Culleredo apostou por aplacar.

Culleredo dedica 49.000 euros ao rebacheo da rede viaria municipal

O Concello de Culleredo proponse a eliminación das fochancas da rede viaria municipal. Os traballos comezarán este mes de agosto e prolongaranse no que queda de 2012, tempo necesario para arranxar todos aqueles puntos que o demandan. Para acometer esta campaña  o Concello destinará 49.000 euros das arcas municipais.

Culleredo presenta un robot único en España para examinar as redes de colectores e evitar vertidos

robotAs redes de saneamento de Culleredo manteranse con tecnoloxía de última xeración. A nova unidade móbil de inspección de redes de colectores está dotada cunha cámara robotizada, tan avanzada no mercado que é a primeira da súa clase que se adquiriu en España. Este robot introdúcese nos colectores e vainos percorrendo para ver o estado e reparar avarías.

Culleredo emprende un plan de mellora do saneamento da ría ao demorar a Xunta a firma do convenio

O Concello de Culleredo pon en marcha actuacións de mellora no sistema de saneamiento do municipio ao carecer de noticias das intencións da Xunta co convenio de colaboración que anunciou en novembro. As obras son realizadas pola empresa concesionaria do servizo ao ter incluído o equipo de goberno esta cláusula no contrato.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina