O Concello de Culleredo organiza unha nova edición da súa Feira de Artesanía o vindeiro mércores 17 de maio, en coincidencia co Días das Letras Galegas. Será na praza de Europa do Burgo en horario de 12.00 a 20.00 horas.
A figura de Celestino Poza perdurará desde este mesmo ano a través do Memorial que creará o Concello de Culleredo. O pleno aprobou as bases propostas polo goberno local que rexerán esta primeira edición.
A asociación cultural Bonsái Coruña e o Concello de Culleredo organizan este mes unha nova edición dos talleres de coidado de bonsáis. Celebraranse na aula de Natureza do Burgo os domingos 26 de marzo e 2 de abril. O horario das sesións comprenderá entre as 10.30 e as 13.30 horas.
O público xa pode visitar ata o 4 de marzo a exposición colectiva "Un mundo sen nós" na aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. Trátase da primeira vez que ve a luz este traballo dun grupo de 13 alumnos da Escola Superior de Deseño "Pablo Picasso", da Coruña.
Ademais da Cabalgata dos Reis Magos, as Súas Maxestades visitarán o xoves, 5 de xaneiro, aos cativos en diferentes centros sociais das parroquias.
O Concello de Culleredo organiza un ano máis un campamento urbano de Nadal, para propoñer unha alternativa de ocio educativo nas vacacións escolares. O prazo de matrícula comprenderá entre o 1 e o 13 de decembro.
O Concello de Culleredo publica a programación infantil para o mes de novembro. Ofrécese unha ampla variedade de actividades de animación á lectura, obradoiros e contos. O novo centro cívico de Fonteculler xa acolle unha actividade de cociña.
O Concello de Culleredo publica as listaxes coas vacantes nas actividades culturais, deportivas e de benestar convocadas para a tempada 2016-2017. As persoas interesadas en optar a elas poden facelo desde o venres 7 ao martes 11 de outubro, en rigorosa orde de inscrición.
O Concello de Culleredo estrea programación infantil das bibliotecas con novidades en canto ás actividades, os horarios e os lugares. O goberno municipal dispón un programa ampliado, tendo en conta o éxito crecente que se rexistra nestas iniciativas, co que pretende seguir animando aos máis pequenos do municipio a adquirir hábitos de lectura.
O paseo marítimo do Burgo será escenario mañá venres, día 16, e o sábado 17, do festival-romaría que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, en colaboración co Concello de Culleredo. Baixo a denominación de "Folk n Cros", trátase xa dunha proposta consolidada na comarca e que atraerá por centos de persoas ao municipio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER