Cultura

O Concello de Culleredo celebra o sábado o Magosto Municipal en Celas

Culleredo celebrará o vindeiro sábado 27 de outubro a tradicional festa do Magosto Municipal. Terá lugar no parque recreativo de Celas, a partires das 6 da tarde. Os asistentes poderán degustar castañas asadas, touciño á brasa, viño novo e queimada. A festa estará amenizada polo Dúo Compás.

Culleredo abre o prazo de inscrición no curso de micoloxía, que alcanza a XVIII edición

O Concello de Culleredo organiza o XVIII Curso de Micoloxía que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Buego entre o 7 e o 10 de novembro. O curso inclúe unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira no concello de Curtis.

O Concello abre o venres 5 a Sala Infantil da Biblioteca do Burgo

O Concello de Culleredo porá en funcionamento o venres 5 de outubro a nova Sala Infantil da Biblioteca Municipal do Burgo, emprazada no Edificio de Servizos Múltiples. Para celebrar o primeiro día, a Concellaría de Cultura deseñou unha programación especial, que comezará ás 18:30 horas.

Concerto de Fados no Burgo

 

O XXIII Festival Internacional de Música de Pulso e Púa "Cidade de Cristal" chega o sábado 6 a  Culleredo.

A Aula de Natureza do Burgo acollerá a partir das 20.30 horas o concerto do Grupo de Fados, de Aveiro (Portugal).

 

Listaxes de admitidos e suplentes nas Actividades Culturais e Deportivas 2012 -2013

O Concello de Culleredo publica as listaxes de alumnos admitidos e suplentes nas Actividades Culturais e Deportivas para este curso 2012/2013. Asemade, infórmase das actividades que están pendentes de formarse por non ter un mínimo de alumnos preinscritos.

 

Culleredo comeza en outubro a programación de adultos nas Bibliotecas

O Concello de Culleredo inicia en outubro a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares", situada en Vilaboa, acolle desde a vindeira semana diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.

El Ruiseñor presenta "Troyanas" en Mera

 

Exposición da ilustradora Iria Fafián

Data : 
21/09/2012 - 20:30 - 20/10/2012 - 21:00

O Concello de Culleredo recibe a obra da ilustradora Iria Fafián Alonso. A Aula de Natureza “Juan Lembeye”, emprazada no Xardín Botánico do Burgo, conta desde este venres, 21 de setembro, até o 20 de outubro, a exposición “Ilustracións do eterno antagonista”.

O Burgo expón as ilustracións da cullerdense Iria Fafián

O Concello de Culleredo recibe a obra da ilustradora Iria Fafián Alonso. A Aula de Natureza “Juan Lembeye”, emprazada no Xardín Botánico do Burgo, conta desde este venres, 21 de setembro, até o 20 de outubro, a exposición “Ilustracións do eterno antagonista”. A inauguración da mostra terá lugar o venres ás 20.30 horas.
 

El Ruiseñor actúa en Mera

 

A COMPAÑÍA DE TEATRO EL RUISEÑOR, DE CULLEREDO, ACTÚA EN MERA

“Tesmoforias”, de Aristofanes coa adaptación e a dirección de Susana Crespo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina