Actividade Municipal

Todos os inscritos e inscritas, admitidos nos Campamentos de verán alternativos do Concello de Culleredo

Todos os inscritos e inscritas nos Campamentos de verán alternativos do Concello de Culleredo están admitidos. Mentres tanto, no Campamento H2O, como hai máis inscritos que prazas, realizase un sorteo de maneira pública o vindeiro mércores 19 de xuño ás 12:00 horas, no Centro Municipal Pablo Picasso. 

Cursos de natación verán 2019 en Culleredo

O Club Natación Culleredo e o Club Natación As Mariñas ceñebran cursos de natación neste verán, coa colaboración do Concello. A continuación pódese obter toda a información.

Listaxe persoas admitidas "Mañás de campamento 2019"

Listaxe persoas admitridas Mañás de campamento 2019

Manolo e José leváronse o XXI Campionato de Tute

O Concello de Culleredo finalizou o pasado venres o seu XXI Campionato de Tute coa final celebrada no Centro Cultural de Rutis. Manolo e José, do Bar As Tres Marías do Burgo, venceron a Cherrás e Martin, do Centro Social de Sueiro.

Plan Municipal de Formación Laboral 2019

O Plan Municipal de Formación Laboral 2019 do Concello de Culleredo está dirixido, preferentemetne, ás persoas en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2019

Desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Concellaría de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego. 

Listaxe de preinscritos/as para as actividades culturais e deportivas do Concello de Culleredo para o curso 2018/2019

O Concello de Culleredo publica a listaxe de preinscritos/as para as actividades culturais e deportivas para o curso 2018/2019.

Xuntanza das actividades municipais de Benestar

O xoves 28 de xuño, día das Diversidades Sexuais, o parque da Torre de Celas acollerá, de 17:30 a 21 horas, a Xuntanza das actividades municipais de Benestar.
 
Haberá servizo de transporte con saída ás 16:30 horas desde a Universidade Laboral e Fonteculler. 

Reunión informativa sobre "Mañás de campamento"

O Concello de Culleredo convoca para o vindeiro venres día 22 de xuño, a reunión informativa cos pais/nais dos participantes nos campamentos de verán "Mañás de Campamento". Será ás 19.45 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e nela explicaranse as normas de funcionamento e o programa a desenvolver.

Concerto infantil 'A casa do terror'

 Este venres, 22 de xuño, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acolle o concerto infantil 'A casa do terror'.
 
A recollida de invitacións terá lugar unha hora antes do acto.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina