Taboleiro

O Conservatorio abre un novo prazo de preinscrición en Iniciación II

O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa da apertura dun novo prazo para a preinscrición en Iniciación II. Comprenderá entre o 1 e o 8 de setembro.

Obradoiros de arte para nenos/as con Luisa Valdés

O Concello de Culleredo oferta para o mes de agosto obradoiros de arte para nenos e nenas. Serán impartidos pola artista Luisa Valdés. A inscrición ábrese o luns 10 de xullo.

Sorteo de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña

O Concello de Culleredo informa de que o sorteo das prazas para participar no campamento deportivo de verán da Deputación da Coruña terá lugar o luns 10 de xullo ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (sala de vídeo).

Será un acto público.

Subvencións municipais, destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para o ano 2017.

Convocatoria de axudas para fomentar e promocionar o desenvolvemento de servizos, programas, proxectos e actividades levados a cabo entre o 15 de setembro de 2016 e o 15 de setembro de 2017.

Documentos de solicitude sede electrónica.

Cursos de verán no Conservatorio de Culleredo

O Conservatorio Profesional de Culleredo organiza un programa de cursos de verán. Serán un total de nove accións formativas que se desenvolverán ao longo do mes de xullo.

Reunión informativa sobre "Mañás de campamento"

O Concello de Culleredo organiza o vindeiro luns, 19 de xuño, a reunión informativa cos pais/nais dos participantes nos campamentos de verán "Mañás de Campamentos". Será ás 20.45 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Cambios nos códigos postais

O Concello de Culleredo informa, segundo comunicación do Instituto Nacional de Estadística, que o termo municipal de Culleredo disporá de novos códigos postais.

Bandos sobre a limpeza de fincas e a eliminación do plumacho

O Concello de Culleredo edita bandos de alcaldía sobre a obriga dos propietarios de terreos de mantelos en perfectas condicións de limpeza e de eliminar a pranta invasora coñecida como plumacho.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina