Tablón Oficial

Realizado sorteo das plazas da Campaña de Esquí

Xa podes consultar o resultado do sorteo das prazas coas que contaba o Concello de Culleredo para participar na Campaña de Esquí 2018 da Deputación da Coruña.

 

Información para os admitidos na 2ª edición do curso de manipulador de fitosanitarios

As persoas admitidas na 2ª edición do Curso de aplicador/a manipulador/a de Fitosanitarios (Nivel básico) deben pasar do 5 ao 9 de febreiro de 2018, pola administración do Centro Municipal Pablo Picasso do Concello de Culleredo para realizar a tramitación das tasas.

Sorteo das plazas da Campaña de Esquí da Deputación

O martes 23 de xaneiro ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, procederase ao sorteo das 12 prazas concedidas ao  Concello de Culleredo para a campaña de esquí organizada pola  Deputación da Coruña. Este acto ten carácter público polo que poderá asistir calquera interesado/a.

Sorteo das plazas da Campaña de Esquí da Deputación

O martes 23 de xaneiro ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, procederase ao sorteo das 12 prazas concedidas ao  Concello de Culleredo para a campaña de esquí organizada pola  Deputación da Coruña. Este acto ten carácter público polo que poderá asistir calquera interesado/a.

Guía das Bibliotecas Municipais

Consulta o tríptico para coñecer o funcionamento das Bibliotecas Municipais 'Miguel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).

Campaña de esquí 2018 da Deputación

Se naciches entre o 2003 e o 2007 podes participar na campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña.
 
O prazo de inscrición comeza este xoves, 4 de xaneiro, e remata o día 16 deste mesmo mes.
 
Os participantes gozarán de catro días na #estación invernal de Cabeza de Manzaneda e de cursiños de esquí.
 
Adxúntase a folla de inscrición.

Obradoiros de Nadal

Os obradoiros de Nadal terán 2 tramos de idade, por unha banda de 5-11 anos con opcións en Villa Melania e Fonteculler, e pola outra as actividades para mozos de 12-17 anos agrupadas no 'Nadal Xove' que terán lugar en Fonteculler.  Todos se celebran os días 27, 28 e 29 de decembro.

Programa de actividades de Nadal

O programa de actividades de Nadal do Concello de Culleredo propón unha variada oferta para os nenos e nenas do municipio. Desde campamentos ou campus deportivos ata contacontos, obradoiros ou teatro; ademais das ineludibles visitas do Apalpador, Papá Noel e dos Reis Magos.

Consulta toda a información no programa adxunto.

Fe de erratas:

  • 22 de decembro: o 'Trono de Papá Noel' non se celebrará no Centro Social Municipal Fonteculler e si que terá lugar na Praza de Santa Gema.
  • 23 de decembro: non se celebrará a recollida de cartas de Papá Noel.

Inauguración exposición Mocidade e Arte en Culleredo

Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo. 20.00 h:

Inauguración da exposición Mocidade e Arte en Culleredo, II. Alumnos/as do taller de Lola Beade. Ata o 5 de xaneiro de 2018.

Actividades infantís nas bibliotecas en decembro

Xa se publicou o programa de actividades infantís de novembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa). Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina