O Concello de Culleredo continúa impulsando programas que favorezan a conciliación familiar e laboral, nesta ocasión coa celebración do Campamento de Primavera que comezou onte no CEIP Vila de Rutis e que ten como elemento central os Xogos Olímpicos.
A Jesús Ángel Dubra, a súa filla Iris Dubra Dorado e o seu afillado Ángel Barrio Dubra úneos, ademais dos vínculos familiares, a mesma paixón: o karate. Veciños de Culleredo, practican o seu deporte favorito na Escola de Karate L.N. de As Brañas e esta tempada 2023/24 foi moi especial para eles, xa que os tres proclamáronse vencedores do Campionato galego de Karate nas súas respectivas categorías.
O Concello de Culleredo convoca unha praza de persoal temporal dun profesor/a nas especialidades de operacións básicas de restaurante e bar. Forma parte do Plan Formativo para o Emprego do 2024 que o Concello leva a cabo para persoas en situación de desemprego.
A karateka Daniela García Rey, natural de Culleredo e na disciplina da escola Kárate-Do Carballo, proclamouse campioa galega xuvenil na categoría +52 kg por cuarto ano consecutivo, conseguindo subir ao primeiro posto do caixón nas categorías alevín, infantil e xuvenil. Celebrouse o pasado 10 de marzo no pavillón municipal Calabagueiros do Barco, Ourense.
O novo recinto do Paseo Marítimo do Burgo, en Culleredo, acolleu esta mañá a primeira plantación simbólica de especies arbóreas, un total de 10 exemplares de Betula Alba e Sambucus Nigra que marcan o inicio da nova vida deste espazo tras as obras dragaxe do estuario.
O programa “Perros y Letras” de READ España afiánzase en Culleredo ao cumprirse catro anos desde a súa implementación. Esta mañá celebrouse unha sesión con persoas usuarias do Centro Ocupacional ‘A Escada’ e a cadeliña Nala, xunto á súa educadora e guía Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña.
O Concello de Culleredo, a través da concellería de Participación Cidadá e Deportes, está a achegar o teatro a varios centros do municipio da man de Elefante Elegante, e dentro da iniciativa ‘Teatralízate’.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER