Culleredo sorteará o vindeiro 23 de febreiro as prazas para os hortos urbanos

O Concello de Culleredo realizará o próximo 23 de febreiro de 2021 un sorteo para distribuír as prazas dos hortos urbanos, xa que se rexistraron 105 solicitudes, un número moi superior ás ofertadas. En total, disponse de 39, a repartir entre o Xardín Botánico (24) e Vila  Melania (14).

Será ás 10:00 horas, e para asistir como público é necesario enviar un correo electrónico a formación.emprego@culleredo.es. A lista definitiva de persoas admitidas publicouse na páxina web da Administración local. En principio, dous destes espazos do  Xardín Botánico reservábanse para asociacións, e tan só rexistrouse unha solicitude, da ONG Mestura. Por tanto, decidiuse incluír o restante na listaxe xeral.

Dado que as veciñas e veciños de Culleredo seguen demostrando gran interese en participar nun novo proxecto formativo versado na materia de horticultura ecolóxica, leva a cabo esta nova iniciativa co obxectivo de continuar fomentando a participación cidadá nunha agricultura respectuosa co medio ambiente, creando así ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de lecer que fomente a idea de desenvolvemento sostible.

O alumnado recibirá formación, cunha duración de 40 horas no Centro Municipal ‘Pablo Picasso’, na aula de Natureza e nos hortos urbanos do Botánico e Vila  Melania. 

Vista previaAdxuntoTamaño
plistaxe_oburgo._sorteo_-.pdf183 KB
plistaxe_vilaboa._sorteo_-1.pdf166.06 KB
plistaxe_definitiva_asociacions.pdf119.53 KB
plistaxe_definitiva_oburgo.vilaboa_.pdf251.42 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina