O Concello intensifica as tarefas de esparexido de sal con motivo da volta ás aulas

O Concello de Culleredo intensificou durante a pasada semana as tarefas de esparexido de sal con motivo da volta ás aulas. Durante a tarde do pasado mércores, comezaron os traballos pola zona rural e urbana, e a partir das 23:00 horas fíxose especial fincapé nas zonas escolares. 
 
A previsión meteorolóxica advertía dunha importante baixada de temperaturas, co que a probabilidade da formación de placas de xeo en estradas, beirarrúas e lugares públicos facíase máis que evidente. Cabe destacar a implicación do equipo de Protección Civil á hora de desempeñar as devanditas tarefas. 
 
Polo que desde o goberno local articulouse un dispositivo especial para que os traballos cubrisen a maior superficie de territorio posible. Á hora de emitir este comunicado, non se rexistrou ningún tipo de incidencia, aínda que desde o  Concello insisten en “circular con prudencia, ben sexa con vehículo particular ou a pé”. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina