OBRADOIROS LÚDICO EDUCATIVOS DO CONCELLO DE CULLEREDO

O Concello de Culleredo impulsará durante os meses de xullo e agosto os talleres lúdico educativos, baixo as denominacións 'Menuda tribo' , ‘ Cullernautas’ e ‘Somos unha piña’. Estarán dispoñibles en tres quendas: a do 20 ao 31 de xullo; a do 3 ao 14 de agosto e a do 17 ao 28 de agosto.

O horario das actividades será de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres e sen contemplar festivos. Está destinados para nenas e nenos empadroados en Culleredo, de entre 3 e 12 anos e matriculados no curso actual en Educación Infantil ou Primaria. Terán preferencia as familias empadroadas en Culleredo, as familias que acrediten a necesidade de conciliación, as familias que acrediten o seu domicilio laboral en Culleredo e, no caso de haber máis demanda que oferta de prazas, realizarase un sorteo o día 10 de xullo de 2020 ás 10:00 horas, no que se extraerá a letra do primeiro apelido dos solicitantes, que determinará a admisión por orde alfabética a partir desta letra.

As actividades destes obradoiros están deseñadas para ‘reconectar’ coa realidade, gozar do xogo ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas permítano, convivir e relacionarse, sempre seguindo as recomendacións sanitarias pertinentes. As actividades estarán adaptadas ás diferentes idades, cun enfoque activo e participativo, e estarán unidas por un fío condutor.

Para a solicitude previa de praza, poderase facer os días 1, 2 e 3 de xullo (ambos inclusiva). A vía preferente será a do correo electrónico, a través da dirección educacion@culleredo.es co asunto ‘ solicitude  praza  obradoiros lúdico educativos 2020’.  Presencialmente, pode realizarse de 9:00 a 14:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples, desde o día 1 ao día 3 de xullo, con cita previa. 

Dispoñedes de toda a documentación adxunta nesta nova. 

Vista previaAdxuntoTamaño
informacion_obradoiros_de_veran_2020.pdf62.1 KB
normas_de_funcionamento.pdf40.16 KB
boletin_solicitude.pdf50.27 KB
declaracion_responsable.pdf32.83 KB
listaxe_admitidos_obradoiros_ludico_educativos_2020.pdf83.99 KB
listaxe_definitivo_de_admitidos_aos_obradoiros_ludico_educativos_2020.pdf91.46 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina