Convocatoria selección técnico/a turismo (persoal laboral temporal)
Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, de técnico/a turismo.
A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión do 8 de xuño de 2020 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 01 de xullo de 2020 (núm. 98), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 02 ata o 08 de xullo de 2020, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (21, 22 e 23 de xullo de 2020) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión.
(Documento adxunto: Lista provisional de admitidos e excluídos.pdf)
Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
(Documento adxunto: Lista definitiva de admitidos e excluídos.pdf)
Convocatoria fase de oposición. Convócase aos aspirantes á realización da fase de oposición do proceso selectivo (defensa da memoria presentada xunto coa solicitude) segundo o disposto no documento “Convocatoria fase oposición.pdf”
Cualificación do proceso selectivo. De acordo co establecido no punto 6 das bases desta convocatoria, publícase o resultado do concurso-oposición. Recóllese no documento “Cualificación proceso selectivo.pdf”
O candidato seleccionado, para poder ser contratado, terá que presentar no Concello de Culleredo, dentro dos tres días hábiles a partir desta publicación (5, 6 e 7 de agosto de 2020) a documentación requirida na base 7 da convocatoria.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
convocatoria_e_bases_da_convocatoria.pdf | 274.58 KB | |
solicitude.pdf | 376.2 KB | |
lista_provisional_admitidos_e_excluidos.pdf | 258.89 KB | |
lista_definitiva_admitidos_e_excluidos.pdf | 259.93 KB | |
convocatoria_fase_oposicion.pdf | 298.5 KB | |
cualificacion_proceso_selectivo.pdf | 320.83 KB |
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER