Culleredo di NON ao acoso escolar

No Concello de Culleredo, realizouse unha Campaña contra o acoso escolar baixo o título "Eu non son cómplice", que se está levando acabo a cabo entre bdecembro de 2019 a maio de 2020, nas aulas de 1º ESOº dos centros públicos municipais.

Esta Campaña consisitiu no desenvolvemento de dúas sesións de información e sensibilización impartidas pola Comisión Técnica Municipal de absentismo escolar, formada por unha psicóloga, unha pedagoga e un policía municipal.

Nestes obradoiros mediante dinámicas constructivistas de reflexión, participación e toma de conciencia, traballánse aspectos como a empatía, a comunicación, así como e estratexias para poñerlle fronte ás persoas acosadoras dende un posicionamento tanto individual como colectivo de non complicidade con este tipo de comportamento.

Con esta iniciativa, ademais da difusión por medio de cartelaría e dos medios de comunicación, o Concello de Culleredo quere facer un chamamento á toma de conciencia das familias e, en xeral, de toda a comunidade educativa para intentar correxir modelos de conduta que poidan derivar en acoso escolar.

Lembrar a importancia de comunicarse e pedir axuda aos docentes ou ao persoal técnico municipal ante calquera indicio ou sospeita de que un ou unha menor estea a padecer calquera tipo de acoso escolar ou bullying.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina