VI Premio Concepción Arenal

Desde a sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, convócase o VI  Premio Concepción Arenal 2019: proxectos educativos pola igualdade de xénero.

Obxecto: deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:

A)      Proxectos educativos en educación infantil.

B)      Proxectos educativos en educación primaria.

C)      Proxectos educativos en educación secundaria.

Premiarase o programa de actividades de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Premio: Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.

Prazo: 18 de novembro de 2019, ás 14:00 horas. 

Bases adxuntas en formato .pdf.

Vista previaAdxuntoTamaño
bases.pdf475.11 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina