ENCONTROS CULTURAIS DE OUTONO

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo presenta o seu Programa Cultural "ENCONTROS CULTURAIS DE OUTONO"

que adicado ó falecido poeta chairego MANUEL MARIA, cubre o ocio dos cullerdenses do 1 de outubro ata o 31 de decembro.

"Encontros Culturais de Outono" é a cita coa cultura dende hai mais de 13 anos e nace coa filosofía de que todas as semanas, sobre todo venres e sábados, haxa algo que ver ou participar en Culleredo, dun xeito descentralizado e como sempre dirixido a todos os sectores de poboación (nenos, adultos, maiores).

Aínda que o fío conductor é unha intensa Programación teatral, mais de 14 representacións, a música clasica que non será menos con dez espectáculos e como non actividades de natureza propias dos meses de outono.

Serán un total de 53 Actos Culturais que encherán Culleredo de participación e cultura, que supoñen un aumento sustancial de actividades de xeito descentralizado por lugares e Parroquias do Concello, e multidisciplinar xa que ademais da Programación teatral e de Música Clásica, non faltarán monicreques, cine, talleres e contacontos para os mais pequenos.

Os Encontros Culturais de Outono, acadan de novo este ano o seu carácter de auténtico Festival Internacional de Outono, xa que os nosos escenarios serán testigos da presenza de artistas procedentes de moitos paises do mundo, que chegan a Culleredo pola celebración do III Festival de Títeres do Consorcio das Mariñas con grupos procedentes de Italia, Rusia, Francia, España ou Venezuela, que farán as delicias dos nosos nenos/as, e a XVIII Edición do Festival Internacional de Pulso e Púa coa actuación de grupo musicais de Italia, Rusia e Brasil.

Coa inauguración o 5 de outubro da exposición que comemora o X aniversario do Grupo Crisis, as exposicións "Xente no Camiño II" de Alfredo Erias, e José Juncosa, inaugúrase unha importante temporada de Mostras e Exposicións no triángulo Museístico de Culleredo, formado polo Muíño de Acea de Ama, a Sala "Rey Lago" e a Aula da Naturaza do Xardín Botánico, onde poderemos disfrutar de exposicións pictóricas de importantes pintores galegos ou da XXXII Exposición de Canaricultura.

A colaboración co Festival de Opera da Coruña permite de novo poder disfrutar en Culleredo dunha Ópera en Familia, trátase este ano da representación da Historia do Soldado de Igor Stavinsky que esperamos reproduza o éxito acadado na representación do pasado ano, onde mais de 500 nenos e pais asistiron a esta gala.

Á espera de poder contar de novo coa Sinfónica de Melide, o Programa de Música Clásica "Jesús Bal y Gay" traerá cinco concertos excelentes ao Conservatorio Municipal de Música, entre outros a actuación lírica da Agrupación "Ofelia Nieto".

Máis a estrela da nosa Programación é o teatro, que permitirá aos cullerdenses, nenos e adultos, ter o privilexio de disfrutar de nada menos que de 14 representacións nunca das programacións mais interesantes e completas de Galicia.

Pero o outono sobre todo é terra, natureza, aire libre, setas, castañas, ...polo que reservamos para rematar o verán o curso de micoloxía, de coidados de bonsai, de xardinería, a celebración do magosto de Celas, a Festa da Empanada en Vilaboa, o inicio das rotas pola provincia "A Coruña a Pé" e as Escolas Municipais de Cultura e Deporte que este ano cumpren nada menos que vinteun anos.

Novembro será o mes do Seminario de Historia de Culleredo, que cumprirá a súa trece edición e que este ano aproveitaremos, a dous anos de conmemoración do seu bi-centenario, adicar ás "Batallas de Elviña e Ponte do Burgo e o seu contexto histórico".

Encontros Culturais de Outono, supoñen a filosofía de que todas as semanas haxa un evento cultural que ver, facer ou participar, nunha programación gratuíta e para todos os públicos que esperamos sexa do seu agrado, e que facemos coa inestimable axuda de entidades como Caixanova, Caixa Galicia, Xunta de Galicia, Deputación e por suposto as Asociacións Culturais de Culleredo.

P R O G R A M A C I Ó N


SETEMBRO

30 de xullo - 3 setembro
Na Sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama.
Exposición "Xentes no Camiño II"
De Alfredo Erias - Deputación da Coruña

Sábado 1
No Paseo Marítimo do Burgo.
VI Foundation Reggae Festival.
Actuación de Don Carlos - Daara j - Kogito - Ment

Luns 3
Ás 22:00 horas.
Na Praza da Igrexa de Vilaboa.
Noite de cine - Deputación Provincial
"007: Casino Royal"

Martes 4
Ás 22:00 horas.
Na Praza de Galicia do Burgo.
Noite de cine - Deputación Provincial
"Piratas del Caribe II"

Mércores 5
Ás 22:00 horas.
Na praza Castelao de Fonteculler.
Noite de cine - Deputación Provincial
"Perez, o ratiño dos teus soños"

Xoves 6
Ás 22:00 horas.
No paseo Tierno Galván.
Noite de cine - Deputación Provincial
"Puente hacia Terabithia"

Venres 7
Ás 22:00 horas.
Na Praza de Galicia do Burgo.
Noite de cine - Deputación Provincial
"El código Da Vinci"

Ás 20:30 horas.
Na sala de exposicións dos "Muiños de Acea de Ama"
Inauguración da exposición de José Juncosa Rivera
(do 7 ao 29 de setembro)


OUTUBRO

Xoves 4 - Ás 11:00 horas.
No colexio Isaac Díaz Pardo do Burgo
III Festival Internacional de títeres. "Consorcio das Mariñas"
Actuación de Gianwa di Matteo (Italia)
"Le Guarattelle di pullcinela"


Ás 20:30 horas.
Na Igrexa de Santiago do Burgo.
XVIII Festival Internacional de Pulso e Púa.
Actuación internacional do duo Francesca Ghilione (Italia)

Venres 5 - Ás 11:00 horas.
No colexio "Ría do Burgo" Fonteculler.
III Festival Internacional de títeres.
"Consorcio das Mariñas"
Actuación de Viktor Antonov (Rusia) "Circus on Strings "

Ás 20:30 horas.
Na sala de Exposicións dos Muíños de Acea de Ama.
XVIII Festival Internacional de Pulso e Púa.
Actuación do duo Rendez - Vous de Samara (Rusia)

Ás 20:30 horas.
Na sala de Exposicións dos Muíños de Acea de Ama.
Inauguración da exposición de pintura:
X anos do Grupo Crisis (do 5 ao 27 de outubro)

Ás 20:30 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Inauguración do ciclo Teatral adicado a Roberto Vidal Bolaño
Teatro Lagarta, Lagarta "As últimas Luas"

Sábado 6 - Ás 18:00 horas.
No Centro Cultural de Rutis - Vilaboa.
III Festival Internacional de Títeres
"Consorcio das Mariñas"
Actuación de La Compagnie du Petit Monde (Francia): "Pied Nu"

Domingo 7 - Ás 18:00 horas.
No Centro Cultural de Almeiras.
III Festival Internacional de Títeres "Consorcio das Mariñas"
Actuación de La Finestra Imaginaria (Girona - España):
"El navegante"

Ás 20:30 horas.
Na igraxa de Santiago do Burgo.
XVIII Festival Internacional de Pulso e Púa
Actuación do Choro Positivo de Brasilia (Brasil).


Luns 8 - Ás 11:00 horas.
No colexio de Tarrío.
III Festival Internacional de títeres. "Consorcio das Mariñas"
Actuación de Centro de produccións de
actividades alternas (Venezuela):
"Cuentos in-versos para niños traviesos"

Comezo do curso 2007/2008
das Escolas Culturais do Concello de Culleredo


Venres 19 - Ás 20:30 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Teatro Ouriol "Música e poesia de María Mariño"
por Eva Veiga.


Sábado 20 - Ás 20:30 horas.
No Centro Cultural de Vilaboa.

24, 25, 26, 27
Na Aula da Natureza do Xardín Botánico. "Ría do Burgo"
XIII Curso de Micoloxía.
Curso práctico con recolleita. Gratuíto


Venres 26 - Ás 20:30 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Teatro Áncora produccións: "Medidas Preventivas"

Sábado 27 - Ás 18:00 horas.
No Parque da Torre de Celas
Magosto 2007: Castañas, viño, touciño e queimada

Mércores 31 - Ás 20:30 horas.
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.
IV Ciclo de Música "Jesús Bal y Gay"
Actuación Cuarteto Solistas de Galicia.


NOVEMBRO

Martes 6 - Ás 20:30 horas
Na sala de Exposicións dos Muíños de Acea de Ama.
Inauguración da exposición de pintura de Fina Pita
(do 6 ao 30 de novembro)


Xoves 8 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares" de Vilaboa
Taller de Contos: " A Cincenta"

Ás 20:30 horas.
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo
IV Ciclo Música Clásica. "Jesús Bal y Gay"
Agrupación Lírica "Ofelia Nieto".


Venres 9 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Miguel González Garcés" do Burgo
Taller de Contos: " A Cincenta"

Ás 20:30 horas
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Teatro Manicómicos: "Cabaret Manicómico"


Xoves 15 - Ás 20:00 horas.
Na Aula da natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo".
Inauguración da Exposición do XXXII Concurso de Canaricultura.
(Do 15 ao 25 de novembro)


Venres 16 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Miguel González Garcés" do Burgo.
Contos en inglés: " Room on the broom".

Ás 20:30 horas
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Contra o tráfico de nenos: Terra de homes.
Actuación especial dirixida por Xulio Lago.


Xoves 22 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares" de Vilaboa
Contacontos


Venres 23 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Miguel González Garcés" do Burgo
Contacontos

Ás 20:30 horas
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Talía Teatro: "Quero ser grande"


Mércore 28 - Ás 20:30 horas
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo
IV Ciclo Música Clásica. "Jesús Bal y Gay"
Actuación do "Quinteto armonía".


Venres 30 - Ás 19:30 horas
No salón de actos da Universidade Laboral.
Bengala produccións. Ópera en Familia.
"Historia do soldado" de Igor Stravinsky.


29, 30 novembro e 1 decembro
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
XIII Seminario de Historia de Culleredo.
"As batallas de Elviña e a Ponte do Burgo e o seu contexto histórico"
198 aniversario


DECEMBRO

Martes 4 - Ás 20:30 horas
Na sala de Exposicións dos Muíños de Acea de Ama.
Inauguración dunha exposición de pintura.
(Do 4 ao 31 de decembro)

 

Mércores 5 - Ás 19:00 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Festival magos galegos.


Venres 7 - Ás 18:30 horas.
Na Biblioteca "Miguel González Garcés" do Burgo
Contos en inglés: " A christmas story"


Mércores 12 - Ás 20:30 horas.
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo
IV Ciclo Música Clásica. "Jesús Bal y Gay"
Actuación da Orquestra de Cámara de Galicia.


Venres 14 - Ás 20:30 horas
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Teatro do Atlántico: "A bombilla máxica"

Ás 19:30 horas
No centro cultural de Rutis - Vilaboa.
Noite de cine. Xunta de Galicia.
"Pérez, o ratiño dos teus soños"


Sábado 15 - Ás 19:00 horas
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Certame de corais. "Culleredo canta ao Nadal"


Xoves 20 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares" de Vilaboa
Contacontos

Ás 20:30 horas.
No Conservatorio Municipal de Música de Culleredo
IV Ciclo Música Clásica. "Jesús Bal y Gay"
Actuación do quinteto de vento "Pentafonía"


Venres 21 - Ás 18:30 horas
Na Biblioteca "Miguel González Garcés" do Burgo
Contacontos

Ás 19:30 horas
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Ciclo Teatral "Roberto Vidal Bolaño"
Teatro do Andamio: "O monstro do castelo"


Xoves 27 - Ás 16:00 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
Cine de Nadal: "007, Casino Royal"


Venres 28 - Ás 16:00 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
Cine de Nadal: "Pérez, o ratiño dos teus soños"


Luns 31 - Ás 16:00 horas.
No Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
Cine de Nadal: "Mia Sarah"

 

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina