Dispositivo especial de seguridade con motivo das festas de Vilaboa

Vilaboa vivirá desde o venres 12 de xullo, e ata o martes 16 do mesmo mes, unha ampla programación das festas patroais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Será un plan de seguridade coordinado, centrado na atención cidadá e na regulación do tráfico. O Concello reforzará todos os días os turnos dos axentes da Policía Local en horario nocturno, cando se concentra un maior número de asistentes ás festas.

Durante as noites de todas as xornadas, permanecerá cortada a rúa da Senra. O tráfico desviarase pola rúa Gómez Pérez das Mariñas, desde onde se derivará polos Álamos. Tamén se pechará a circulación á avenida de Cordeda, entre a Nacional 550 e Industrias Caamaño.

O luns 15 e o martes 16 espérase maior afluencia de público durante as verbenas. É por iso que, desde o seu comezo, cortaranse tamén desde as 22:30 horas as rúas Roi Xordo e Breogán. Incluso Alejandro Pérez Lugín, en función da evolución do festexo.

Tamén o luns e o martes cortarase antes (entorno ás 19:00 horas) a rúa Senra para a celebración da sardiñada e a churrascada, respectivamente.

Para facilitar a accesibilidade, o Concello establecerá zonas para o estacionamento de persoas con movilidade reducida na Senra, onde non se permite xa o aparcamento en xeral. Na avenida de Vilaboa haberá tamén un espazo reservado para taxis e autobuses.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina