Culleredo programa diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller

O Concello de Culleredo programou unha serie de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, con data oficial o 8 de marzo, aínda que as actividades se desenvolverán ao longo da semana. 

O mércores 6 de marzo, ás 20:00 horas da tarde no Centro Social Amparo Prego Ruibal de Celas, está prevista a presentación do libro de Puri Sánchez "Puta no es un poema". 

O xoves 7 de marzo terá lugar a representación teatral da obra "Insubmisión", a cargo da compañía Teatro del Andamio. Será ás 19:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples. Para público adulto e entrada libre ata completar aforo. Ese mesmo día, e tamén ás 19:30 horas, será a presentación do libro "Mulleres", de Mª Carmen Rey Núñez, no Centro Social Amparo Ruibal, en Celas.

O día 9 de marzo está programado o "Xantar da muller", organizado pola Asociación de Mulleres As Berenguelas. Será ás 14:00 horas no restaurante O Pantano, de Abegondo.

O día 15 de marzo, o centro social María Cagiao de Vilaboa acollerá o obradoiro de "Coaching Rexenerativo", dentro do programa 'Volvoreta'. Será ás 18:30 horas. 

Un día máis tarde, o 16 de marzo, terá lugar a "Cea da Muller", ás 21:00 horas no Pazo de Vilaboa. Organizan a Asociación de Mulleres A Xeca e a Asociación de Mulleres Rosalía de Castro.

Xa para rematar coa programación, está previsto que o 13 de abril se celebre o obradoiro "Feminicidio", unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. Será a cargo de Carme Adán, catedrática en Filosofía e política galega. Ás 19:00 horas no centro social Amparo Prego Ruibal de Celas. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina