Culleredo priorizará a movilidade veciñal no proxecto do Vial 18. O anteproxecto da infraestrutura atópase exposta ao público e o goberno local estuda a fondo o texto de cara a presentar as alegacións oportunas.
Neste procedemento, o alcalde, José Ramón Rioboo, acaba de reunirse cos responsables de Demarcación de Carreteras, pertencente ao Ministerio de Fomento, para analizar as alternativas e abordar as demandas que ten o Concello.
Froito do estudo das catro alternativas contempladas inicialmente polo Ministerio, conclúsese que a escollida é a que menos impacto pode ter no territorio. Así mesmo, proxectarase un falso túnel e integrarase a vía no talude, o que a xuízo dos técnicos, contribúe a minimizar o ruído, e polo tanto incrementar o benestar dos veciños e veciñas da contorna.
As opcións que contemplaban un túnel baixo as vivendas, ou un gran viaduto, suporían un maior impacto, máis perxudicial para o territorio e os residentes.
Unha das peticións do goberno local será a interconexión dos viais de servizo que o anteproxecto contempla en diversos tramos do Vial 18, de xeito paralelo.
A continuidade do vial en paralelo permitiría aos veciños da Xeca, Monte Alfeirán, Conduzo, Castro-Laxe ou Vilaboa, empregalo para entrar de maneira directa na Terceira Ronda -na Zapateira-, e desde aí dirixirse hacia A Coruña, tomar a A-6 ou o propio Vial 18 para a AP-9. Nun primeiro cálculo estímase que rebaixaría preto da metade do tempo que hoxe invirten os residentes destas zonas para realizar estes desprazamentos.
Tamén melloraría notablemente a movilidade interna no municipio, para chegar por exemplo, ao campo de fútbol do Carrizo, e cumplir a demanda histórica dos residentes no Alfeirán para poder cruzar a AP-9 e chegar á Zapateira.
Outra vantaxe será o alivio da circulación polo centro de Castro-Laxe, que se incrementou desde a posta en marcha da Terceira Ronda, ao servir como única maneira de chegar desde a ronda da Zapateira ata o centro de Vilaboa.
A nivel legal, segundo explicou a Demarcación, unha conexión entre dúas vías de alta capacidade, como é o caso do Vial 18 ao unir a AP-9 e AC-14, non é posible que se proxecte un enlace no seu pequeno percorrido. Por iso a continuidade dos viais de servizo proxectados antóllase fundamental.
A maiores, os técnicos continúan co estudo de cuestións máis técnicas relativas aos servizos diversos do Vial 18 de cara a elaboración de alegacións.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER