Visitas do Carteiro Real, Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos aos centros cívicos e sociais de Culleredo

O Carteiro Real, o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos visitarán diversos centros cívicos e sociais do Concello de Culleredo.

Papá Noel visitará o día 21 de decembro o centro cultural de Almeiras, de 18:30 a 20:30 horas. O 22 de decembro realizará unha visita ao centro cultural de Ledoño, de 18:00 a 20:00 horas. O 23 de decembro visitará o centro cultural de Sésamo e de Castro Laxe, en horario de 17:30 a 20:30 horas. 

O Apalpador visitará o centro cívico de Fonteculler o 22 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas. O Carteiro Real visitará, o 4 de xaneiro, os centros cívicos de Sueiro e Castro Laxe de 18:00 a 20:00 horas. E de 18:30 a 20:30 horas os de Almeiras e Orro.

Por último, os Reis Magos visitarán os centros sociais do Noso Lar (17:00 a 17:35 horas), Orro (17:45 a 17:55), Ledoño (18:10 a 18:30) e Sésamo (19:10 a 19:55), o mesmo 4 de xaneiro. Tamén estarán nos centros cívicos de Ledoño (18:10 a 18:30) e Celas (20:00 a 21:00).  

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina