O Concello de Culleredo acaba de completar un proxecto de mellora da iluminaciónna rúa Templarios, no Burgo. Trátase dunha petición formulada polos veciños desta vía para aumentar a luminosidade nas beirarrúas e na estrada. A obra acaba de executarse. Consistiu na instalación de luces de última xeración e alto rendemento na rúa. Colocáronse apoios máis altos, de seis metros de altura. Lógrase así aumentar a uniformidade cromática da vía, eliminando así as zonas oscuras que existían e reforzando a seguridade nos pasos de peóns e nas beirarrúas. Foro un total de 15 os puntos de luz modernizados, cos que conta a rúa. A inversión alcanzou os 16.900 euros. Co novo sistema, ademais, promóvese a eficiencia enerxética, dentro do plan de modernización do alumeado que está a levar a cabo o Concello.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER