Culleredo inicia as obras de renovación da rede de augas en Almeiras

Culleredo iniciou as obras de renovación da rede de augas en Almeiras, cunha inversión de 229.000 euros. Os traballos consistirán na modernización da rede de augas da parroquia de Almeiras.

Trátase da instalación de novos colectores para dar servizo ás vivendas das rúas Penedas, Vigovidín, Alba Clérico Salé, Os Pereiros, A Choeira, Bo Home, Rafael Dieste ou Marqueses de Almeiras. Tamén ao núcleo de Alvedro. A inversión alcanzará un total de 229.676,15 euros, unha das máis grandes do ano. Os traballos iniciáronse na Choeira e requerirán diversos cortes das rúas nos próximos días, limitando o paso aos residentes.

A nova rede terá dous tramos principais. O primeiro conectará ca tubería de Marqueses de Almeiras para chegar ata Alvedro. E o segundo baixará ata a rotonda do Burgo na AC-213 con diferentes colectores para abastecer as rúas mencionadas con anteioridade.

En total, o proxecto suporá a instalación de 2,5 quilómetros de novas tuberías, dos que 381 metros serán acometidos por Emalcsa. O firme das rúas afectadas será restituido tras as obras. O prazo de execución dos traballos será de tres meses.

Esta nova rede de tuberías adaptarase ás condicións do novo depósito que Emalcsa constrúe en Almeiras, coa intención de acabar cos problemas de presión e turbidez que padecen os veciños en determinadas ocasións. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina