Culleredo celebrou o seu II Memorial Tino Poza co patrimonio natural e monumental como motivo

O Concello de Culleredo celebrou o pasado sábado, 20 de outubro, a segunda edición do Memorial Tino Poza, en recordo do ex concelleiro, no xardín botánico do Burgo. Este segundo ano tivo como tema o patrimonio natural e monumental do municipio, que os 37 participantes plasmaron nas súas pinturas. Os premios repartíronse do seguinte xeito:

Categoría adultos (18 anos en diante): 1º Premio, dotado con 2.000€, á obra de Pedro Bueno Salto, natural da Coruña; 2º Premio, dotado con 1.500€, á obra de José Ignacio Amelivia García, de Logroño. O 3º Premio, dotado con 1.000€, foi para Diego Fernández Columé, de Gijón.

Categoría xuvenil (12 a 17 anos): 1º Premio, dotado con material artístico, para Guillermo Seijo Rodríguez, de Culleredo; 2º Premio, dotado con material artístico, para María Dans Castro, de Betanzos; e por último, o 3º Premio, dotado con material artístico, foi para Andrea Moreno Rodríguez, de Culleredo.

Categoría infantil (9 a 11 anos): 1º Premio, dotado con material artístico, para a autoría de Miriam Ntahokutari Martínez, da Coruña; 2º Premio, dotado con material artístico, foi para Sofía Fernández Brage, da Coruña e o 3º Premio, dotado con material artístico, foi para Emma Rodríguez-Trelles Mira, de Cambre.

Categoría Infantil (6 a 8 anos): 1º Premio, dotado con material artístico, para Pablo Hermida Gil, de Culleredo; o 2º Premio, dotado con material artístico, foi para Olalla Castro Souto, da Coruña, e o 3º Premio, dotado con material artístico, foi para Micaela García Morano, de Cambre.

As tres obras gañadoras da categoría de adultos pasarán a formar parte da pinacoteca municipal. As de infantil e xuvenil se devolverán aos seus autores. O memorial naceu coa finalidade de rendir tributo á figura de Poza e promover a cultura entre os veciños de todas as idades, meta pola que loitou sempre o ex concelleiro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina